A COTOP licita por 165.000 euros a mellora de firme da estrada entre Mosende e Chenlo

chenlo

::Vaqueiro solicita ó Concello que utilice parte dos fondos do Estado en mellorar a estrada municipal de Vilafría en Atios e critica a deixadez do Concello neste tema::

O Secretario Xeral e Voceiro do PSOE de Porriño, Iván Vaqueiro, visitou xunto coa Delegada Provincial da COTOP, Isabel Domínguez, as obras de mellora do firme da PO 343, que van mellorar as comunicacións entre Mosende e Chenlo, e que foron recentemente adxudicadas pola COTOP, por 165.000 euros, á empresa Sercoysa. O prazo de execución será de 3 meses, e as obras permitirán mellorar o firme dunhas estrada en moi malas condicións.

Vaqueiro, que estivo acompañado polo responsable de Política Territorial e Medio Rural do PSOE de Porriño, Santiago González, e pola Secretaria de Xuventude do PSdeG-PSOE de Porriño e veciña de Mosende, Begoña Domínguez, afirmou que estas obras, contribúen a mellorar as comunicacións entre dúas parroquias esquencidas polo PP, Mosende e Chenlo, e agradeceu á Xunta a súa disponibilidade e compromiso cos veciños do Porriño, e particularmente de Chenlo e Mosende.

Begoña Domínguez afirmou que as obras da nova PO 343 e as da nova estrada Virxe do Camiño-Mosende representan un cambio fundamental para Mosende e Chenlo, e comparou a celeridade das obras da Xunta, executadas en 4 anos, coa lentitude das obras do PP da Deputación entre Mosende e Chenlo, que levan 6 anos e están sen rematar.

Vaqueiro esixe ó Concello que atenda as peticións dos veciños e mellore o firme da estrada de Vilafría en Atios

Vaqueiro aproveitou a visita da Delegada para coñecer o estado das obras do novo enlace de a Casilla en Atios, e coñecer por varios veciños a súa preocupación polo vial municipal de Vilafría en Atios, que enlaza co vial autonómico da Casilla , que se atopa en mal estado. Vaqueiro explicou ós veciños que a estrada de Vilafría é municipal e que a Xunta non pode realizar obras nela sen unha petición do Concello, cousa que o Concello nunca fixo, algo que o socialista criticou como unha deixadez do goberno local en Atios.

Vaqueiro afirmou que o Concello debía ter feito unha á Xunta unha proposta de mellora do vial municipal de Vilafría á Xunta mentres se facía a obra do enlace de A Casilla, cousa que non se fixo, e afirmou que pedirá ó Concello que utilice parte dos 3 millóns de euros concedidos polo Goberno de Zapatero a Porriño para mellorar o firme da estrada municipal de Vilafría.

 

Advertisements

0 Responses to “A COTOP licita por 165.000 euros a mellora de firme da estrada entre Mosende e Chenlo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: