O PP de Mos comenza a campaña “FACEMOS, outro Mos é posible”

:: Inclue unha páxina web co dominio www.facemos.org no que os veciños poden enviar suxerencias ao novo Goberno ::

Outro Mos é Posible, esa é a idea que pretende transmitir o Partido Popular de Mos a través dunha campaña informativa que comenza a andar paralelamente a acción do Goberno.A Campaña apoiase inicialmente de tres vallas informativas, 2000 dípticos que serán repartidos nos próximos días, cuñas de radio e unha páxina web con dominio propio, www.facemos.org, e se é posible podería ampliarse á prensa.

 O traballo de diseño da campaña é realizado directamente por afiliados e simpatizantes do PP de Mos de maneira altruista, que comenzan hoxe unha campaña explicativa das razóns polas que se levou a cabo a moción de censura en Mos, partindo de dúas bases esenciais, a primeira a situación de desgoberno que viviu Mos dende a última lexislatura e a posibilidade de construir un proxecto que satisfaga o maior número de veciños posible e baseado no programa presentado polo PP nas pasadas eleccións.

Dinde os populares que o máis importante da campaña é o “boca a boca” dos propios concelleiros, militantes do PP local e outros veciños  que van dar a coñecer as multiples razóns en centos de exemplos o longo de todo o termo municipal. Nestas visitas a lugares e parroquias, os afiliados van recoller tamén de viva voz as suxerencias plantexadas polos veciños.

Advertisements

4 Responses to “O PP de Mos comenza a campaña “FACEMOS, outro Mos é posible””


  1. 1 Sabela 18 Decembro 2008 ás 21:59

    O pleno de hoxe xa bastou para ver o que vai ser o concello a partir de agora… Que podiamos esperar se ao fronte temos a unha persoa dictatorial e prepotente, chea de rabia, que non se molesta en disimulala. Claro que a panda que a coreaba no pleno tamén deixaba moito que desexar: catro vellos fachas e catro rapaces novos ( que peniña de criaturas) aprendices de fachillas… Nidia, vas facer que comecemos a sentir vergoña de ser de Mos, co orgullosos de ser mosenses que estabamos estes últimos anos, e, ala, a volver ás andadas (máis coñecidas por cacicadas).

  2. 2 Anaia 18 Decembro 2008 ás 23:31

    E triste que teñan que facer campaña para que a xenta os empece a aceptar. Vergoña tiña que sentir esta chulita de que teña que darse a coñecer a través da publicidade e que teña que por de fachada que o fai polos veciños cando o fai por que non ten ideas de como mellorar Mos, senón de como mellorar a sua prepotencia crónica.
    Sinto vergoña Nidia de que sexas a miña alcaldesa. Vergoña de que sexas de Mos…
    E quero dicir, que non sei como te atreves a dicir que o goberno Bipartito era un engano os veciños que votamos bng ou psoe, cando todos sabemos que a esquerda en Galiza esta dividia, e se unen para gobernar.O teu si que é ilegal, totalmente… ou unirse a un transfuga e legal??

  3. 3 Integra-me 19 Decembro 2008 ás 14:06

    Ides disculparme. Teña quen teña a alcaldía, ser de Mos é como para estar orgulloso. (Excepto cando se ven espectáculos degradantes en espazos públicos, chámense matóns de discoteca, chámense veciños en estado histérico e berreante).

    A ver cando se acaba todo isto dunha vez. Mentres, o asfalto e os millóns de metros cadrados de solo “industrial” irán coméndonos o territorio.

    Esta é unha situación realmente penosa. Non hai máis que caras crispadas e mala hostia por todas partes. Ou miramos na dirección correcta, ou acabaremos sen concello. Ter ideoloxía é unha cousa, ser membro acrítico de un partido é outra, tanto para os de esquerda como os da dereita. Os veciños comemos do noso traballo, non nos pagan os partidos políticos, non é? A ver se todos podemos contar ata dez sen soltar os mesmos lugares comúns de sempre.

    Saúdos.

  4. 4 Anaia 19 Decembro 2008 ás 16:51

    Quero aclarar que me sinto moi orgullosa de Mos, goberne quen goberne, por que non coñezo Concello mellor. Pero sinto vergoña de que o meu concello so sexa noticia por cousas coma esta, ou por que debido a nosa privilexiada situación, vamos ser o concello de asfalto.
    Non te nego que esté crispada. Moito, por que me doe ver inxustizas, e me doe ver xente tan imposible de tratar. A nova alcaldesa tamén debería ser consciente de que ser de dereitas e ser de esquerdas e o mesmo cando un veciño ten problemas. Espero que o teña en conta, por que ata agora, de diputada provincial loitou por todo o Concello de Mos. Esperemos que siga igual.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: