JORQUERA: “O sucedido na reunión do pacto antitransfuguismo demostra que o PP amparou, consentiu e promoveu a moción de censura en Mos”

:: Roberto Mera asegura que Núñez Feijoo “avalou unha operación política que despreza a vontade do pobo e non debe chegar a ser presidente dos galegos” ::

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, vén de asegurar que o sucedido onte en Madrid na reunión do pacto antitransfuguismo “pon en evidencia que o Partido Popular ampara, consinte e promove os comportamentos de transfuguismo”.

Jorquera fixo referencia ao tratado na reunión, na cal “o BNG, o PSOE e as demais forzas políticas coincidiron en que o sucedido en Mos foi un caso evidente de transfuguismo por parte do concelleiro elexido nas listas do PSOE do cal se aproveitou o Partido Popular; todas agás o PP”. Sinalou que o PP empregou argumentos baseados na “busca da estabilidade” e na súa condición de “forza política máis votada”, obviando que a alcaldesa censurada foi votada no seu día pola maioría absoluta, co apoio dos concelleiros de PSOE e BNG

O tamén coordenador executivo do BNG asegura que “non é función do Pacto Antitransfuguismo analisar a política local de cada concello, senón determinar se hai comportamentos tránsfugas, como ocorreu en Mos”. Porén, ao ser requerida a unanimidade para emitir un ditame, o caso deste concello da área de Vigo será valorado por unha comisión de expertos, o que Jorquera considera “unha manobra de dilación”.

Roberto Mera

Pola súa parte, o secretario de Política Municipal do BNG, Roberto Mera, lembra a responsabilidade directa de Alberto Núñez Feijoo no sucedido e asegura que “quen avala unha operación política que despreza a vontade do pobo non debe chegar a ser presidente dos galegos e das galegas”. “O PP e Núñez Feijoo amosan a súa verdadeira cara. Son auténticos profesionais da moción de censura, que promoven o transfuguismo e mercan vontades, como puidemos ver en Pobra de Trives, Calvos de Randín e agora en Mos; e como tentaron facer xa en Sada e no Porriño”, afirma.

“O sucedido é unha falta de respecto aos cidadáns de Mos e unha violación da súa decisión democrática nas urnas”, enfatizou.

Advertisements

1 Response to “JORQUERA: “O sucedido na reunión do pacto antitransfuguismo demostra que o PP amparou, consentiu e promoveu a moción de censura en Mos””


  1. 1 eu mesmo 18 Decembro 2008 ás 23:02

    Os partidos politicos riense de nos! E dentro de 3 meses pasaranse por eiquí outra vez para apañar un feixe de votos.
    Se de verdade lles importase Mos non lles bastaría con piar.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: