Exposición de escultura en pedra de Marcos Escudero (Colección PELOUROS)

O sábado, 20 de decembro, ás 19:00h, no Pazo de Mos (A Rúa, 19) inaugúrase a exposición de escultura en pedra do artista local Marcos Escudero, na que presentará , entre outros traballos, a súa colección Pelouros.

Trátase dunha serie de esculturas realizadas  sobre cantos rodados de río ou de mar, que o autor traballa tratando de respetar o traballo orixinal e irrepetible da natureza. As súas formas redondeadas suxiren figuras e movementos.
Deus Xano

Ademáis, trata de rescatar do esquecemento a figura do Xano de Mos, descoñecida pola maioría dos mosenses. Esta imaxe pétrea do deus romano da paz, de 2000 anos de antigüidade, foi atopada en 1996 en Dornelas e actualmente está no museo de Pontevedra.

A súa representación tiña dúas caras: por un lado o rostro dun home vello con barba, que representa o pasado e o final e polo outro lado o rostro dun home novo, que representa o futuro e o comenzo. Así, os romanos adicáronlle o primeiro mes do ano, que dende entón chamaron o mes de Xano (xaneiro), celebrando nestas datas o comezo do novo ano.

Advertisements

1 Response to “Exposición de escultura en pedra de Marcos Escudero (Colección PELOUROS)”


  1. 1 Tareixa 29 Decembro 2008 ás 23:05

    Marcos é un artista , vale a pena ir ver a exposición e todas as obras espalladas xa por moitos lugares. Para min a máis impresionante é a que está a beira do cemiterio de Mos, na N-550, en memoria dos represaliados do 36.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: