A truculenta historia do “matón” que recuou…

contratados1

D.G./MOS
“Matóns”, “porteiros de discoteca”, “mafiosos”,… o certo é que os vintetantos rapaces corpulentos que bloquearon o pleno da moción de censura en Mos tiveron que escoitar de todo.Chegaron, crisparon, encenderon a mecha do ataque de nervos, interrumpiron o traballo da prensa, marcharon e ¿cobraron?.  Arredor da súa presenza alí aínda hai algunhas preguntas sen resposta ás que este xornal está a tentar darlle luz: ¿eran tan só veciños de Mos como afirmou Arévalo? . Se a nova alcaldesa confirma a contratación dunha brigada de seguridade de Eulen e nega a destes homes ¿por que marcharon todos xuntos subidos no autobús do Colexio Lar?. ¿Por que estaban vixiando estes rapaces os movementos ao redor da actual alcaldesa e de Gerardo Alonso? ¿Eran tan só uns veciños afíns?. Se como asegurou a Policía Local, cobraron pola súa asistencia ao pleno para “protexer a esta xente”, e o PP de Mos asegura que non os contratou…, ¿quen foi?.

Se, repetimos, estaban alí “para protexer a esta xente” ¿A quen?. ¿Por que ao rematar o pleno un deles  lle preguntaba a outro se xa “chamara a Chema”…? ¿Que Chema?…
Todas estas preguntas quedan sen resposta pero, iso sí, dan que pensar… E entre todo este rebumbio de cuestións, A Peneira da Louriña entérase dun curioso asunto: resulta que un dos “gardaespaldas” recuou. Dinnos que ten medo ás represalias, por iso non damos o seu nome. Coméntannos que sentiu “enganado”, que a el o chamou un dos “vintetantos” para facer “un traballiño de seguridade” e punto. Ao chegar alí e decatarse do que se trataba, marchou renunciando así, todo apunta, aos preto de 200 euros que tocaban por barba. Asegura que a algún dos outros tamén comentaban o mesmo, que non sabían ao que ían, pero decidiron quedarse. Ao mellor por iso estaban de tan mal humor… En fin, non cabe dúbida de que este oscuro caso dos “veciños de Mos” traxeados, corpulentos, e con cara de malas pulgas, será algún día clarificado e saberemos entón, por fin, a quen se lle poden pedir responsabilidades. Se é que hai algunha…

Advertisements

8 Responses to “A truculenta historia do “matón” que recuou…”


  1. 1 diogo 18 Decembro 2008 ás 10:58

    Así gobernará Nidia. Con matóns de discoteca contra os veciños. Pero a soberbia desta mulleriña acabará con ela.
    PP corrupto
    Gerardo vendido
    Psoe responsable

  2. 2 lector 18 Decembro 2008 ás 12:42

    A culpa de toda esta historia a ten OJEA, pola súa actitude irresponsable durante un ano.

    Gerardo é unn tránsfuga, estamos de acordo, pero a culpa da súa marcha foi a actitude do BNG, e en certo modo, despois de aguantar o que aguantou de OJEA, podo entendelo, inda que non o comparta.

    O BNG de Mos sí que é o verdadeiro responsable.

  3. 3 diogo 18 Decembro 2008 ás 13:22

    Querido lector:
    Decir que a culpa é de Ojea e do BNG cando menos é de risa.
    Lémbrote que Gerardo, o traidor, estaba na mesa de negociación do pacto PSOE – BNG (so de corpo presente, porque a súa mente xa estaba daquela nos brazos de Nidia)
    Ojea que eu saiba non estaba nesa mesa.
    Lémbrote tamén que o BNG denunciou hai 2 ou 3 anos a falsificación de firmas por parte de Gerardo. O Psoe arrepíntese agora de non ter tomado cartas no asunto. Agora xa é tarde.
    E o peor de todo é que o Psoe de Mos non aprendeu a lección. Os socialistas de sempre están deixando o partido, mentres están entrando persoas que, baixo a miña opinión, de socialistas teñes moi pouco.
    Por todo isto reitero:
    PP corrupto
    Gerardo vendido
    Psoe responsable

  4. 4 Sabela 18 Decembro 2008 ás 21:52

    A túa, estimado lector, si que é unha acitude irresponsable, porque estás a culpabilizar a unha persoa sen saber do que estás a falar (non debes de ler moito aínda que asines así). Como dí Diogo, o único atranco para o pacto foi o propio Gerardo; pode que a razón fose que xa estaba en venda, e Nidia andaba rondándoo. Os feitos son claros:
    -Un vendido, trásfuga ou como queiras chamarlle: Gerardo
    -Un partido responsable que o mete nas listas: psoe
    -Outro partido que merca, sen pudor, a calquera prezo: pp
    Calquera interpretación retorcida destes feitos indican unha intención clara de facer dano a determinadas persoas…Ala,a informarse ben antes de emitir veredictos.

  5. 5 eu mesmo 18 Decembro 2008 ás 23:10

    O dos matóns hai q aplaudirllo, foi unha xogada intelixente (por iso non pudo se de Nidea) para aplacar aos arroutadiños q ivades dispostos a facer festa.

  6. 6 Mos 19 Decembro 2008 ás 14:24

    Eu non leo periódicos, non estou informado é a duras penas podo escreber. Aínda así vou facelo, dar a miña opinión, que non veredicto – ao meu baixo nivel, cun refrán:

    O que con nenos se deita, érguese mexado. (sobre todo con nenos obreiros españois, quenosmeteronnaotan, quenonaprobaronodireitoaoaborto, quedenostanonacionalismo, equenosusancomapapelhixiénico).

    aínda así, adiante co pacto? Vale. Isto non só e cousa de Mos. É cousa de Galiza, de todo o país.

    ah, que gusto. Agora sí que vou seguir os consellos da xente. E vou informarme.

    Saúdos para todos os k escreben aquí.

  7. 7 anarca 27 Decembro 2008 ás 22:55

    Sigo sen entender coma hai xente que asistiu enfebrecida ao pleno ese. Había xente disposta a partirse a cara por eses sinvergonzas, que escenifican non sei o qué. Canta iñorancia! deixalos que os lobos entre sí non se comen. A política e o opio do pobo. Ilusos, eles entendense , con un reparto de soldos e xa está , e a xente a defender a esas persoaxes.
    Ainda por riba, a maioría dos asistentes non eran de Mos. Coma dice un amigo meu: Fraga xa non está, e isto segue igual. Son todos iguais, a culpa é dos que van votar, ¡Que se voten eles!

  8. 8 Mos 29 Decembro 2008 ás 23:34

    Tes razón nunha cousa: Fraga non está en Galiza e isto segue igual. Iso sí que doe. Polo menos antes tiñamos esa merda como referencia. Agora hai demasiadas- Xa non sabe un ónde mirar, nin con cantas mans tapar o nariz.

    A falta diso, sempre podemos relaxarnos mirando as carantoñas entre touricán e a nova socialdemocracia: filtrada, remozada, non asemblearia e políticamente correcta: ¿Convergencia i Unió?. Definitivamente, CONVERGENCIA I UNIÓ ao poder. Ou senón, qué carallo: IMOS TODOS CON FRORES Á ROUCO. Ese sí que é duro de pelar. Ou non voto, como tí tan ben dís, ou senón votarei a Rouco, ese líder carismático. Bono tamén podería ser… Terei que pensalo.

    Firmado:
    Sor Maravillas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: