Figueroa apoia a Arévalo na festa Nadal do PP de Mos a pesar do expediente disciplinario

 

mos_ppmoscenanavidad5

Mar Barcón asegura que “Feijoo minte aos galegos cando di que non sabía que se iba presentar esa moción, e se ri deles cando asegura que se iniciará un expediente”
_ Roberto Mera cree que a presencia de Figueroa na cea “corrobora que o PP non só consentiu, senón que auspiciou e promoveu a moción”
_ Figueroa di que estaba, como cada ano, apoiando aos militantes e non cree que a moción perxudique aos resultados electorais do PP
Modesto Pose apunta que ““o sistema de vixilancia do PP de Mos ten moito que ver con Chema Figueroa”.

María Díaz

O PP de Mos celebrou a resaca da moción de censura cunha cea  de Nadal xunto a máis de 500 simpatizantes, a que acuidu tamén o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Chema Figueroa. O fixo en representación da xerarquía popular, desculpando incluso a ausencia, por problemas de axenda, do presidente autonómico, Núñez Fejóo.

Figueroa brindaba así con Nidia Arévalo e unha copa de cava, un día despois de que o seu partido abrise un expediente disciplinario á actual alcaldesa de Mos e aos seus concelleiros, tras votar estes favorablemente a moción de censura que, repiten dende o PpdeG, estaba “desautorizada pola dirección autonómica do partido”. Para outros grupos políticos, como o PsdeG ou o BNG, a asistencia de Figueroa a festa de celebración da nova alcaldesa Nidia Arévalo, non é máis que a demostración de que o PP sempre apoiou a moción. Así o confirmou este luns, 15 de decembro, a secretaria de Organización do PsdeG, Mar Barcón, a A PENEIRA DA LOURIÑA, asegurando que a presencia de Figueroa con Arévalo en Mos confirma “o apoio explícito ás recentes actuacións do PP de Mos e demostra o que nós dixemos dende o principio: que a dirección provincial e tamén Feijóo sabían e amparaban a moción feita con un tránsfuga”.

Máis aínda, Barcón ten a seguridade de que a apertura do expediente non é máis que unha fachada, “non  van expulsar aos militantes”, asegura.

Tamén Julio Alén acudía a cea das novas xuventudes deste venres, xusto despois de que se celebrase a moción de censura , pero, ao contrario que Figueroa, o deputado popular asegura que o fixo “a título persoal, como amigo de Nidia”.

Sen embargo, isto confirma a Barcón que “Feijoo minte aos galegos cando di que non sabía que se iba presentar esa moción, e se ri deles cando asegura que se iniciará un expediente. Nin descoñecemento nin expediente. Núñez Feijoo  coñecía que se iba presentar a moción, permitiuno e é súa  a responsabilidade política destre atropelo á democracia”.
O propio Chema Figueroa recoñeceu a este xornal que estaba nesa cea de celebración representando ao partido pero, di, “ao marxe da cuestión da moción”. Asegura que “estaba alí, como cada ano, para acompañar aos centos de veciños de Mos que confían en nós, alí había máis de 500 militantes”. De feito Figueroa, a pesar da apertura do expediente disciplinario aos concelleiros de Mos, non cree que este feito perxudique ao partido de cara ás próximas eleccións: “é difícil facer de momento unha valoración pero nos últimos comicios conseguimos en Mos en torno aos 5.000 votos e agardamos mantelos”.

Non se cre esta versión o secretario de Política Municipal do BNG, Roberto Mera, quen asegura que a presencia de Figueroa nesta cea “corrobora que o PP non só consentiu, senón que auspiciou e promoveu a moción, a estaban validando, e se había algunha dúbida, queda solventada cando o día seguinte foi a poiar a Arévalo a un acto, esto ven a ser a confirmación definitiva”. Mera apunta que “o BNG non ten xa nin que pedir explicacións, debenas pedir os veciños”. O nacionalista compara a situación en Mos coa que se deu no municipio de Porqueira, “onde a tránfuga do PSOE que conseguiu a alcaldía para o PP foi logo a candidata a alcaldesa popular nas seguintes municipais”. “É a demostración da falta de credibilidade do PP que respalda a Nidia na cela e que logo coa boca pequena abre un expediente de expulsión”.

Tamén o socialista Modesto Pose se manifestou ao respecto na PENEIRA DA LOURIÑA, asegurando que non lle colle por sorpresa a situación e, apuntando aínda máis, que “o sistema de vixilancia do PP de Mos ten moito que ver con Chema Figueroa”.

Advertisements

0 Responses to “Figueroa apoia a Arévalo na festa Nadal do PP de Mos a pesar do expediente disciplinario”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: