A nova alcaldesa de Mos reparte as áreas de goberno

mos_-novo-goberno

:: Provisionalmente manteranse as tres dedicacións exclusivas do bipartito que pasarán a cobrar Gerardo Alonso, Julia Loureiro e a alcaldesa ::

Nidia Arévalo celebrou hoxe a súa primeira roda de prensa como alcaldesa de Mos para presentar o reparto das áreas de goberno logo de que o pasado venres prosperase a moción de censura presentada polos membros do grupo do PP máis o concelleiro non adscrito, Gerardo Alonso Porto.

Provisionalmente, e ata que se aproben os novos orzamentos previstos para xaneiro, o novo equipo de goberno materá as tres dedicacións exclusivas do anterior goberno municipal, que irán a parar a Nidia Arévalo, na alcaldía, Gerardo Alonso, como tenente de alcalde e responsable do CDL E de Formación e Empregro, e Julia Loureiro, responsable das áreas de Persoal, Educación, Seguridade Cidadá e Participación Cidadá.

O resto de áreas quedan repartidas da seguinte forma: Ana Mª Rodríguez, responsable de Facenda e Patrimonio, Benestar Social, Medio Ambiente, Sanidade; Sandra Temes, responsable de Urbanismo e Cultura;  José Mª Pereira, responsable de Vias e Obras, Ángel Pereira de  Saneamento e Abastecemento; José Luis Alonso Seijo, de Alumeado, Parques e Xardíns, Transporte; e Alberto Méndez Lago de Limpeza e Deportes.

Nidia Arévalo avanzou a celebración dun pleno ordinario que terá lugar este xoves, día 18 de decembro, no quedará conta das dedicacións exclusivas do goberno. Precisamente este foi un dos primeiros temas nos que traballou o novo equipo de goberno: a convocatoria deste pleno extraordinario. Aproveitaron tamén a mañá para saudar aos traballadores do concello e reunirse co secretario e o interventor. “Foi un día de coordinación entre os compañeiros”, asegurou hoxe Nidia Arévalo, que non tivo aínda oportunidade de entrevistarse coa alcaldesa saínte, pero está “desexando facelo”.

Adiantou tamén que fará entrega esta semana ao resto de grupos municipais do documento dos orzamentos qeu esperan presentar e aprobar no mes de xaneiro, xusto despois de reis.

En canto ás dedicacións, referiuse ao CDL e tamén destacou o seu desexo de contar cun Xerente de Urbanismo “que poña orde, con eficacia, unha persoa coa formación necesaria” xa que, engadiu “é moi necesario nun Concello como Mos, con problemas urbanísticos e cun PXOM a punto de aprobarse”.

 En canto ao PXOM, explicou que “xa está bastante avanzado” pero que, para o seu remate, aínda haberá que esperar dous meses aproximadamente. Tamén afirmou que o plan está consensuado por tódolos membros da corporación municipal, “polo que agardo que os partidos agora na oposición manteñan a súa postura”.

Advertisements

4 Responses to “A nova alcaldesa de Mos reparte as áreas de goberno”


  1. 1 eu mesmo 15 Decembro 2008 ás 21:53

    ¡Ala! ¿E xa está?
    E unha vergoña ver como os partidos politicos aos q dende Mos lles rendides pleitesía (Pago de cotas, aceptación de pactos supramunicipais, traballos electorais para as autonomicas, acatación dos proxectos xerais q nos perxudican…) apenas fixeron nada para impedir unha moción de censura apoida nun transfuga.
    Nin na subencionada Tvg foi portada do telexornal. Nin dende os Madriles ou Compostela fixeron nada mentres Louzan e Figueroa (Presente na cea dos populares de Mos ao dia seguine da moción) asesoraban a Nidia para q Nidea acadase o bastón.
    O seguinte será un un acta de expulsión do PP para Nidia (máis seguiran acudindo as suas ceas) e resolto o paripé dentro de dous anos outra vez nas listas.
    Pois iso, a seguir rendindo pleitesía aos partidos q se lavaron as mans.

  2. 2 diogo 16 Decembro 2008 ás 07:57

    Pois ao fin o PP e Gerardo van aprobar cinco dedicacións esclusivas, despois de criticar durante seis anos as do goberno BNG-PsoE. Viva a coherencia. Por certo para xerente de urbanismo podían pensar en Telmo Martín, ou no irmán de Corina.

  3. 3 Anaia 16 Decembro 2008 ás 09:56

    Vaia por deus. Nidia demostroume que era máis incoherente ainda!! Cultura e Urbanismo, Deportes e limpeza… cal vai ser a próxima actividade do Concellal de Deportes e Limpieza?? unha maratón de limpeza por Mos?? vamos a ir a correr todos polos camiños cun saco de basura… vai qdar limpo limpo
    Moi coherente o reparto… vamos… A pobre Ana xa lle poden dar unha dedicación exclusiva… con tanta ocupación…

  4. 4 INTEGRA-ME 16 Decembro 2008 ás 15:03

    Mellor que veña Caride: rápida, limpa, apañada. Esa sí que daba boa de alcaldesa. Todo é noticia salvo o que importa:
    a integridade territorial do concello, e o trato que lle veñen dando dende o goberno (central e o do país). Vannos encher (a todos e a todas e tod@s, como se dí agora)de formigón ata os …. ollos. A Mos e a toda a provincia. Mellor con Caride: a morte sería ben rápida, e sen tanto enjuague.

    Goberne kn goberne….. Imos acabar igual de jodidos. Estanos ben por vivir nese “rural” que os políticos adoran. Canto máis din que hai que defendelo, máis o queren foder.
    Non poderíamos sacarlles a cidadanía?. Sentiríame millor se toda esa tropa de Santiago non foran galegos. Ou, esquecía que aínda non somos unha nación. E a este paso….mellor que nos integremos todos ao solciño – e ao sillón- k máis quenta.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: