Frigolouro volve ao traballo con relativa normalidade

blog-frigolouro-1

 A pesar de que las lapas asolagaban onte a nave de lavado de cubetas, os traballadores de Frigolouro acudían esta mañá ao traballo con relativa tranquilidade. A empresa cárnica do Porriño reanudou hoxe os traballos da forma habitual xa que grazas a pronta actuación dos servizos de extinción de lume, tan só a nave de lavado de cubetas se viu afectada polo incendio de onte, co que o resto de departamentos poden traballar con normalidade. Tan só os camións que habitualmente deixan as súas cubetas nesta zona están sendo desprazados.

Administración, matanza, despece…. nestes departamentos non hai outro tema de conversa que o incendio de onte, pero sen máis incidencias. Descoñécense aínda as causas que iniciaron o lume, pero todo apunta, segundo fontes policiais, a un curtocircuíto eléctrico.

blog-frigolouro-2

Os bombeiros controlaban en apenas unha hora o incendio que pasadas as dez damañá de onte, domingo, se rexistraba en Frigolouro. As lapas comezaron pasada esta hora na nave onde entran as cubetas dos camións. No momento que comezou o incendio non había traballadores na zona, e enseguida se desaloxou aos poucos que había nas instalacións da empresa, polo que non houbo danos persoais.

 

 

Advertisements

0 Responses to “Frigolouro volve ao traballo con relativa normalidade”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: