Unha vintena de gardaespaldas impediron o normal funcionamento do pleno

contratados

:: Os suxeitos, identificados por veciños como guardias de discoteca, recoñeceron ter cobrado por acudir ao pleno para protexer aos concelleiros do PP ::

:: Algúns deles quixeron impedir a labor informativa deste xornal taponando a entrada ao salón de plenos ::

Un pleno que debería ter durado unha hora, prolongouse máis de dúas, sen apenas debate, porque os veciños de Mos alí presentes non deixaron de abuchear cada vez que quería tomar a palabra a voceira do PP e xa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. Os seus gritos viñan motivados,c omo explicaron a este xornal, pola presencia nas primeiras fiilas do públicio dunha vintena de “porteiros de discoteca”, como eles mesmos os identificaron. “Non permitiremos que prosiga o pleno con esta xente provocándonos”, aseguraba minutos antes de que comezase a sesión un dos veciños de Mos.

Cinco destes gardaespaldas profesionais tentaron incluso impedir a labor deste xornal taponando a entrada ao salón de plenos a dous dos seus redactores, así como a redactora da Voz de Galicia. Aínda que a redactora da PENEIRA DA LOURIÑA tentou explicarlles que eran xornalistas e necesitaban acceder ao salón de plenos para facer o seu traballo, un dos porteiros lle increpou que eles tamén estaban a facer o seu traballo.

gardaespaldas-21

Mª Jesús Escudero e Xosé Manuel Ojea baixan a escaleiras 
de entrada ao edificio rodeados polos gardaspaldas contratados polo PP

Ao ser preguntados pola Policía Local, como confirmou a este xornal un dos seus membros, respondéronlle que estaban no salón de plenos “porque hemos cobrado por un servicio para que no agredan a esta gente”. Aos medios de comunicación, sen embargo, negaron que estivesen traballando, aínda que recoñeceron que non eran veciños de Mos.

gardaespaldas

Tamén a actual alcaldesa, Nidia Arévalo, negou ter contratado a estas persoas. Recoñeceu, sen embargo, ter contratado a unha empresa de seguridade, cuxos gardas, que chegaron a Mos nun autobús do colexio Lar, foron desaloxados antes do pleno por orden da alcaldesa María Jesús Escudero (agora, ex alcaldesa). Arévalo explicou que se viu obrigada a contratar esta empresa “porque a Subdelegación de Goberno non respondeu  á nosa petición (de seguridade)”. Apuntou tamén que “non é posible que só haxa dous policías locoais velando pola nosa seguridade”.

Tanto ela como Gerardo Alonso saíron do pleno en catro coches da Guardia Civil, escoltados polos antidisturbios.

 

 

 

 

Advertisements

6 Responses to “Unha vintena de gardaespaldas impediron o normal funcionamento do pleno”


  1. 1 anxo 12 Decembro 2008 ás 16:34

    Realmente indígnate, pero e que e Golpe de Estado! Levan até matóns, pero que persoa quererá ser alcalde/sa mediante unha moción de censura co rexeitamento dos veciños e tendo que saír do Pleno en furgón policial…

    Non teredes ningún vídeo non? que eu non puiden asistir o pleno.

  2. 2 moscultural 13 Decembro 2008 ás 16:28

    Os “amigos contratados polo PP”, claro que eran veciños de Mos como temos xinnasio gratuito estamos todos cachas, gostaríame coñecer o concepto da factura é a que empresa se lle pagará dado que non representaban a ningunha ¿ espero que paguen o Iva como autonomos? ademáis había que coñecer a cabeza pensante da que saíu a idea, posto que se agreden a alguén ¿en nome de quen o farían?, coño habelos contratados dunha empresa habilitada tipo Prosegur… Felicitar á Policía Local pola sua labor en momentos tan complicados.
    Ver máis en…http://moscultural.blogspot.com/

  3. 3 Sabela 14 Decembro 2008 ás 20:29

    ¡Qué vergoña estar representados por esa xentuza, que se rodea de matóns, que vai en contra da vontade da maioría dos veciños! Reconforta velos desaparecer nos coches da Garda civil, como “quinquis” despois de cometer os seus delictos…

  4. 4 Sabela 14 Decembro 2008 ás 20:30

    ¡Qué vergoña estar representados por esa xentuza, que se rodea de matóns, que vai en contra da vontade da maioría dos veciños! Reconforta velos desaparecer nos coches da Garda civil, como “quinquis” despois de cometer os seus delictos…

  5. 5 integra-me 15 Decembro 2008 ás 14:01

    Correcto. Xentuza. Ogallá os que queren escarallar o noso territorio e o dos concellos do sul de Galiza (kinkis tamén) poideran sair do poder e do noso país metidos nas ghrilleiras e cos antidisturbios. TOURICÁN, quinqui, vai roubar a Madrid. Caride, ministra da Desfeita: FORA da GALIZA!!!!

    GOBERNE QUEN GOBERNE,
    GALIZA NON SE VENDE.

  6. 6 eu mesmo 15 Decembro 2008 ás 21:37

    Hai q foderse! Co burriña q é a Nidia e como vos gañou a partida, acarrexaron aos vellos as 9:00 da maña para encher a sala de plenos e polo medio os skinheads para asustar aos mais arroutadiños.
    Ni Idea 1 Mª Jesus 0


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: