Nidia Arévalo recolle o bastón de mando logo dun pleno convulso

nidia-alcaldesa

:: Durante unha hora o pleno de Mos estivo enquistado con continuas increpacións entre a alcaldesa saínte e a entrante. A primeira pedía que se retirasen “os matóns” para que puidese continuar o pleno, e a segunda pedía que se desaloxase todo o consistorio::

Tras máis de dúas horas de pleno, e logo de quince días de presentar a moción, Nidia Arévalo fíxose co bastón de mando do concello de Mos e converteuse na nova alcaldesa do municipio, grazas ao ex concelleiro socialistas Gerardo Alonso.

Foi esta mañá, durante un pleno convulso ao que asistiron centos de veciños de Mos, así como unha vintena de gardaespaldas que caldearon aínda máis se cabe o ambiente. Porque os ánimos en Mos xa non estaban moi quentes, e os veciños negábanse a escoitar a sesión plenaria cos de seguridade en primeira fila. Por este motivo, segundo explicaron, impediron unha por unha todas as veces que Arévalo tentou intervir. De feito a xa alcaldesa de Mos rechazou ata tres veces intervir no debate plenario porque os abucheos do público impedían que se escoitasen as súas palabras. Finalmente leu parte do seu discurso para que poidese prosperar a moción. Así o esixiu o secretario pois o debate era imperativo legal.

xente-pleno

Durante unha hora o pleno de Mos estivo enquistado con continuas increpacións entre a alcaldesa saínte e a entrante. A primeira pedía que se retirasen “os matóns” para que puidese continuar o pleno, e a segunda pedía que se desaloxase todo o consistorio. Finalmente, e en medio de peticións dalgún concelleiro de que se suspendese a sesión, púidose chegar a votación final, na que os votos dos concelleiros do PP e o de Gerardo Alonso deu a alcaldía a Nidia.

“Pense que no iba a delante, te lo juro”, confesáballe Arévalo a unha das súas concelleiras mentres a abrazaba ao rematar a sesión.

Entre unhas e outras, soamente a alcaldesa saínte, María Jesús Escudero, o voceiro do PSOE, Manuel Castro e o voceiro do BNG, José Manuel Ojea, puideron debater no pleno. Os tres se recoñeceron como “goberno lexítimo”, definindo a moción como golpe de estado, e lembrando a Nidia Arévalo a súa mala relación ata fai uns meses con Gerardo Alonso, do que incluso chegou a pedir a dimisión.

 

A labor do secretario do concello foi ardua, para tentar manter a calma dos asistentes e pedir silencio, lembrando que, segundo a lei, soamente a alcaldesa podía decidir desaloxar aos veciños asistentes. Escudero non o fixo, pero si pediu repetidamente a Arévalo que pedise a xente de seguridade que abandonase o salón.

grilleiras

Advertisements

2 Responses to “Nidia Arévalo recolle o bastón de mando logo dun pleno convulso”


  1. 1 Sabela 14 Decembro 2008 ás 20:01

    ¡Que triste ter que chegar a estes extremos para facerse coa alcaldía! ¡Canta ambición para chegar a mercar a un elemento como Gerardo, todo para ser alcaldesa! ¿Paga a pena arrastrarse, perder a dignidade (se é que a tiñades)?
    E a que viu traer eses merdas de armarios, tamén chamados matóns, que non respectaban a ninguén? Pode que fose porque sentías o apoio dos veciños diante do que ías facer…
    Ese mesmo día, 12 de decembro de 2008, comecei a sentir noxo de que o meu concello estea representado por xentuza así…

  2. 2 Mos 16 Decembro 2008 ás 23:01

    Paga a pena? Non o sei. Se o alcantarillado é bo…..


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: