Mª Jesús Escudero: “O que aconteceu hoxe foi unha provocación por parte do PP”

escudero

:: A ex alcaldesa de Mos asegura que a empresa de seguridade EULEN, contratada polo grupo popular de Mos, están vinculada a irmán de Núñez Fijóo ::

A ex alcaldesa de Mos, a socialista María Jesús Escudero, calificou a presencia na sala “destas persoas con imaxe de matóns” como “unha provocación por parte do PP”. Escudero, pediu durante o pleno repetidas veces que a entón voceira do PP que pedise aos gardaespaldas que saíran do salón de plenos para que este transcurrise con normalidade, pero finalmente se quedaron e a sesión rematou sen máis incidentes que os continuos abucheos do público.

Si desaloxou aos membbros da empresa de seguridade EULEN, contatada polo grupo popular e que según Escudero está relacionada coa irmá de Núñez Feijoo, “que terá que dar explicacións por esto”

“A depuradora, o colexio de Castro Mos,  o de Atín, San Eleuterio, as obras dos cartos do Plan Zapatero”, son algúns dos proxectos que a alcaldesa teme que “Nidia se apunte como tantos para cortar a cinta inaugural”.

Ademais Escudero asegurou que pasaba a oposición “coa cabeza ben alta” e asegurou que “os veciños estiveron alí demostraron que era un exemplo a seguir”. Neste senso apuntou que a seguridade no consistorio estaba garantizada e mostrouse indignada pola fórmula do PP, “entran pola porta de atrás cun sistema antidemocrático e sen escrúpulos aparecen rodeados de matóns sementando o medo propio dunha dictadura”.

Advertisements

3 Responses to “Mª Jesús Escudero: “O que aconteceu hoxe foi unha provocación por parte do PP””


  1. 1 Undemos 13 Decembro 2008 ás 19:19

    Manda carallo:
    Non saio do meu asombro con toda esta tropa e isto vai por uns e por outros, recopilemos, dice a exalcaldesa, que os do pp trouxeron gardas e matons de discotecas, pero o que tamen e certo e que os do psoe e bloque mobilizaron a xente doutros concellos para facer ruido e montar lio, xente que nada ten que ver con mos,porque de MOS había pouco e isto é así. Cousa curiosa e que a ex alcaldesa lle preocupe máis quen corte as fitas das inauguracións que as obras que se fagan en si VEÑAN DE QUEN VEÑAN, vamos que atodos estes MOS preocupalles ben pouco. Dice o ex parroco do BNG, que primeiro atacáronlle as dedicacións exclusivas e logo isto, en fin recordolle os parroquianos que a politica non é un vehículo de enriquecerse, a ninguen lle poñen unha pistola o peito para estar ahi, si se vai e CON VOCACION DE SERVIR OS VECIÑ@S NON PARA OUTRAS COUSAS, ¿ou é que traballando, por dicir algo, gañanse os mesmos cartos que no Concello?,isto necesitaria moitas máis liñas de discusión nas que non vou a entrar.Por parte dos peperos, en fin hai formas e formas de facer as cousas e con máis elegancia.

  2. 2 Sabela 14 Decembro 2008 ás 20:14

    ¿Pero ti en que mundo vives, oh? O traballo hai que pagalo, entre outras cousas, porque non se pode vivir do aire, nin pretender cobralo de forma pouco clara e bastante ilegal, como fixeron e siguen a facer algúns en moitas institucións. Coa vocación non se come, a non ser que vivas da caridade …
    Os teus comentarios indican que non tés nin idea do que estás falando, pois doutro xeito non falarías de enriquecerse cunha dedicación exclusiva por estar 24 horas dispoñible… O falar non ten cancelas..

  3. 3 INTEGRA-ME 15 Decembro 2008 ás 13:29

    Matóns de discoteca no pleno. Matóns de discoteca na Xunta (queridísima dona María José Caride), digna sucesora de Pilar Primo de Rivera, unha señoriña ben demócrata. mete a autopista e o Integra no na túa casa. Todiños teñen as mesmas trazas. Que non veñan dicir que son mellores que os fachas. touriño e os seus son unha panda de merdeiros prepotentes. Ben que merdeiros cun sistema propagandístico cojonudo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: