A moción de censura de Mos decídese hoxe as 12

:: Os ánimos están caldeados e algúns veciños aseguran que irán ao pleno para protestar ::

As 12h. De hoxe decídese a moción de censura contra María Jesús Escudero. Se ningún membro do PP, ou incluso o non adscrito Gerardo Alonso, se bota atrás, Nidia Arévalo será a nova alcaldesa de Mos.

En medio dun ambiente de crispación se debatirá a proposta popular de botar a alcaldesa do seu posto. Mestres os partidos políticos piden tranquilidade algúns veciños, co ánimo moi caldeado, aseguraban onte que acudirían ao pleno para protestar por un goberno que consideran ilexítimo. Preveiendo un posible altercado os populares pedían xa fai uns días presencia policial no consistorio e a alcaldesa e o tenente alcalde, Xosé Manuel Ojea, pedían aos cidadáns tranquiliade.

Se todo se desenvolve con normalidade, o pleno se poderá finalizar nunha hora aproximadamente, xa que as intervencións están estipuladas por lei: interverán a alcaldesa saínte, a entrante, e os voceiros dos catro grupos un total de dez minutos cada un. Non haberá dereito a réplica. De ser así, e de votar os oito concelleiros do PP e Alonso a favor da moción, Arévalo quedará proclamada alcaldesa automáticamente e o concello estará nas súas mans ata que se repartan as áreas.

A PENEIRA DA LOURIÑA informará esta mesma tarde. Tan pronto como finalice o pleno.

Advertisements

0 Responses to “A moción de censura de Mos decídese hoxe as 12”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: