O actual goberno de Mos eríxese como “goberno lexítimo” na inauguración do acondicionamento exterior do Pazo de Mos

mos_inauguracion-entorno-do-pazo

Coa ausencia do PP, que estaba convidado, o bipartito PSOE-BNG aproveitou o acto de inauguración do acondicionamento exterior do Pazo de Mos para lembrar que na localidade hai un “goberno lexítimo”, cunha “alcaldesa lexítima”, María Jesús Escudero.

Máis unidos que nunca, os concelleiros do bipartito loubaron a labor realizada durante estas dúas lexislaturas e o propio xerente do Xacobeo, Ignacio Eguibar, na súa intervención, lembraba  a disposición da Xunta e do Xacobeo para seguir traballando co “goberno lexítimo de Mos ”, asegurando que se trataba “dunha semana triste para o concello”

O desta mañá, foi case que un acto de despedida do actual goberno, que mañá se enfronta ao pleno de moción de censura.

Tamén o tenente de alcalde de Mos, Xosé Manuel Ojea, aproveitou o acto para falar da lexitimidade do actual goberno, e facer un resumo dos obxectivos acadados no que vai de lexislatura, entre eles o pazo de Mos ou o entorno do Louro.

Advertisements

2 Responses to “O actual goberno de Mos eríxese como “goberno lexítimo” na inauguración do acondicionamento exterior do Pazo de Mos”


  1. 1 diogo 12 Decembro 2008 ás 07:49

    Parabens a Cabaleiro (Pesca), concelleiro do BNG, polo traballo realizado no entorno do Pazo. Penso que ninguén na parroquia de Mos soñou que algún dia terían un espazo aberto como o que vimos onte no Pazo e máis un paseo fluvial polo Louro. Os bos e xenerosos votarán por ti nas vindeiras eleccións, Cabaleiro. Os imbéciles e escuros non, eses non, eses votarán por Nidia

  2. 2 diogo 12 Decembro 2008 ás 07:52

    Por certo, xa podías ter metido a camisa por dentro do pantalón para a foto. Non cambiarás nunca Cabaleiro. Traballar, traballar e traballar. E logo na foto saen outras, porque a ti non hai quen che tire unha.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: