Carlos Aymerich responsabiliza a Núñez Feijoo de lavarse as mans na moción de censura en Mos

actomocion_11

:: Roberto Mera di que o PP “utiliza un tránsfuga para roubar os votos que os cidadáns non lle deron nas urnas” ::

 Os nacionalistas mosenses recibiron onte o respaldo da dirección nacional do BNG fronte á moción de censura do PP. Nun acto público o Tenente Alcalde, Xose Manuel Martínez Ojea, foi arroupado por Roberto Mera, Secretario de Acción Municipal, e Carlos Aymerich, Portavoz do BNG no Parlamento Galego, ademais de numerosos cargos públicos e orgánicos do BNG na comarca.

Carlos Aymerich acusou a Núñez Feijoo de pretender “lavarse as mans na moción de censura de Mos para eludir a súa responsabilidade directa, por acción ou por omisión, nunha actuación do PP que significa o desprezo absoluto á vontade democrática dos mosenses”.

Aymerich salientou que Feijoo “desautoriza a moción de censura pero di que é incapaz de parala”, o que en opinión do nacionalista pon en evidencia que “Feijoo é un lider feble e sen autoridade dentro do PP, incapaz de gobernar e presidir o seu propio partido e de impedir un acto de desprezo a vontade democrática dos cidadáns. Quen non é capaz de gobernar o seu partido dificilmente pode aspirar a gobernar o País”, engade o Portavoz parlamentario do BNG.

Mera felicitou a Ojea e a súa equipa “polo traballo desenvolvido desde o goberno nos últimos cinco anos e pola responsabilidade e sensatez coa que están a afrontar a moción de censura do PP. Fronte á crispación e o enfrontamento creado polo Partido Popular, o BNG sigue traballando desde o goberno e ofrecendo información e argumentos contra a indignidade da moción de censura”. O dirixente nacionalista recordou que “o PP pretende desbancar a un goberno lexítimo escollido polos cidadáns democraticamente en 2007 para substituilo por outro ilexítimo que foi incapaz de lograr a maioría suficiente nas eleccións. Non tiveron os votos dos mosenses para lograr a alcaldía e agora a través dun tránsfuga rouban parte deses votos para lograr a alcaldía que os veciños non lle deron.”

actobngmocion

Pechou o acto o Tenente Alcalde e Portavoz do BNG, Xose Manuel M. Ojea, quen fixo un repaso da actuación de goberno do BNG en Mos ao longo dos últimos anos, unha actuación que definíu como “positiva e transformadora”. Segundo Ojea, “ese labor positivo e os avances que o BNG logrou para Mos nos últimos anos explican a moción de censura do PP. Saben que están condenados a ser oposición a perpetuidade, porque a maioría dos cidadáns respaldan a xestión realizada polo goberno municipal, e por iso teñen que recurrir á trampa e ao fraude democrático para lograr o poder a toda costa”. Ojea concluíu dicindo que “pase o que pase o vindeiro venres, o traballo do BNG seguirá guiado polo compromiso cos veciños e veciñas de Mos para mellorar a súa calidade de vida”.

Advertisements

0 Responses to “Carlos Aymerich responsabiliza a Núñez Feijoo de lavarse as mans na moción de censura en Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: