Os traballadores de Prevent concéntranse diante de Industria para esixir a permanencia da factoría en Mos

mos_preventencompostela

Os traballadores de Prevente concentráronse onte diante da consellería de Inovación e Industria para esixir a permanencia da factoría en Mos. A multinacional eslovena, que se adica á fabricación de fundas de asentos para Citröen e para a que traballan 215 persoas, está estudando pechar a planta pontevedresa para trasladarse a Marrocos.

Coincidindo coa reunión do Clúster do Automóbil  que estaba tendo lugar na consellería de Industria, ao redor duns 200 traballadores de Prevent trasladáronse na mañá de onte a Compostela para denunciar a deslocalización e o próximo peche da planta.

A presidenta do Comité de Empresa, Sonia Martínez, explicou que xa mantiveron dúas reunións co delegado de Traballo en Pontevedra, pero aínda non teñem información certa sobre o futuro que lle agarda a factoría de mos. “Non sabemos nin cando nin como se vai producir o traslado da factoría”, denunciou, agregando que acudían a Compostela “para que se enteren da nosa situación, porque como nos estamos no convenio do téxtil parece que non nos afecta a crise”.

De igual xeito, os traballadores están a espera de manter unha reunión cos responsables de Faurencia e Citröen, para quen Prevent fabrica fundas de asentos, co obxecto de esporlles a situación.

Esta mesma semana vaise celebrar unha reunión co Consello de Accionistas da multinacional na que previsiblemente se adoptará unha decisión ao respecto do traslado do peche da factoría de Mos, así como as condicións nas que se vai realizar, segundo aclarou a presidenta do comité..

Advertisements

0 Responses to “Os traballadores de Prevent concéntranse diante de Industria para esixir a permanencia da factoría en Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: