O PP de Mos solicita a presencia das forzas de seguridade no pleno do venres

:: O grupo municipal popular prevé que ante o clima de crispación imperante no Concello se poidan producir incidentes que impidan ou dificulten o normal desenvolvemento da renión plenaria na que se votará a moción de censura ::

 A dirección do Partido Popular de Mos teme que a crispación que ven de probocar a moción de censura contra o actual goberno de Mos se materialice no pleno deste venres e dificulte “o normal desenvolvemento da reunion plenaria” . Por elo o seu grupo dirixiuse, dende o pasado xoves 4 de Decembro ata onte martes, a diferentes forzas da orde para requerirlles mediante notificación escrita que interveñan para garantir que o pleno de votación da moción de censura que terá lugar o vindeiro venres, día 12 de Decembro, se celebre “con tódalas garantías de seguridade e que tanto o inicio coma o debate e a votación se desenrolen con total normalidade”.

 A dirección local do PP informou de que a petición lles foi trasladada por escrito á alcaldesa , María Jesús Escudero, á policía local do Concello, ó delegado do goberno na comunidade autónoma, Manuel Ameijeiras e ó subdelegado de goberno na provincia de Pontevedra, Delfín Fernández. Dita solicitude ven xustificada, din,  polo “clima de crispación social que causou que se chegase ó extremo de que os que presentamos a moción de censura o pasado 28 de novembro fosemos inxuriados e ameazados”, segundo explicou a directiva popular; “e que fai prever a razoable posibilidade de que poidan chegar a producirse disturbios e alteracións indesexables da orde pública, que ameacen ó normal desenrolo da sesión plenaria do 12 de Decembro ou que incluso impidan o inicio da mesma”, aclararon os populares, quenes lembraron tamén procesos semellantes ó que actualmente vive Mos, coma a moción de censura no Concello de Calvos de Randín, Ourense. No caso do municipio ourensán a votación da moción de censura non puido desenvolverse ó impedir os veciños o acceso ó salón de plenos dos concelleiros que en ela debían intervir.

Advertisements

0 Responses to “O PP de Mos solicita a presencia das forzas de seguridade no pleno do venres”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: