Mos celebra mañá a última Xunta de Goberno antes da moción de censura

:: O goberno pretende aprobar proxectos a incluír na solicitude de financiamento para o fondo estatal de inversión local por un importe de dous millóns e medio de euros ::

 A alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero Lago, ven de anunciar que o goberno local aprobará mañá xoves, na súa última xunta de goberno antes da moción de censura, varios proxectos de obras a incluír na solicitude de financiamento para o fondo estatal de inversión local, xa que o prazo de solicitude de recursos deste fondo ábrese hoxe mércores.

Ao Concello de Mos, segundo a rexedora mosense, correspóndelle 2.561.000 euros aproximadamente. Deste xeito, o goberno local -coa finalidade de “ir cubrindo necesidades básicas que melloran a calidade de vida dos/as veciños/as”- presenta os seguintes proxectos:

 _ Abastecemento de auga en Campo de Eiró 234.563 euros (e).

_ Humanización de Sanguiñeda, a continuación das beirarrúas, de case 1.000.000 e.

_ Rede de colectores de saneamento integral en Herville 370.000 e.

_ Rede de colectores integral en Arrufana 290.000 e.

_ Proxectos de rede de colectores en distintas zonas como Fontiña–Torroso, Escuelas-Dornelas, Barreiros-Mos, Cerqueirás e Agueiro-Sanguiñeda  230.000 e.

_ Pavimentación e beirarrúas na estrada da vía 200.000 e.

_ Cambios de cadros eléctricos en diferentes parroquias 103.000 e .

_ Alumeado en Rans-Tameiga 60.000 e.

 A alcaldesa asegura que estes son proxectos de máxima importancia para os/as veciños/as de Mos: de abastecemento de auga, de humanización buscando a seguridade viaria, de alumeado que pretenden un aforro enerxético e, sobre todo, obras de rede de colectores, posto que a depuradora de Guillarei entrará en funcionamento no mes de xaneiro e, segundo a alcaldesa, “queremos que o maior número de veciños/as conten con este servizo básico tan necesario canto antes”.

A alcaldesa está convencida de que “seremos un dos primeiros concellos en presentar esta solicitude. Isto é unha evidencia de que en Mos existe un goberno que está traballando con previsión de futuro, porque xa ten proxectos realizados e aprobados, preparados para realizar a solicitude, partindo da previsión da lexislatura, porque tiña un proxecto a 4 anos con proxectos que foron aprobados para presentar en diferentes administracións.”

Escudero Lago informa que o goberno do Estado aprobará un programa de inversións no que o fondo estatal de inversión local repartirá 8.000 millóns de euros para financiar a realización de actuacións urxentes no ámbito municipal en materia de inversións, especialmente xeradoras de emprego.

Este fondo estatal do Goberno, segundo a rexedora, “pretende paliar a actual crise. Desta maneira, os concellos poderán contratar obra civil e así as empresas, nestes momentos cun baixón na construción, terán traballo. Ao tempo que se valora á hora de contratar ás empresas, ou de adxudicar obras, a contratación de traballadores desempregados”.

Advertisements

0 Responses to “Mos celebra mañá a última Xunta de Goberno antes da moción de censura”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: