O BNG busca o rexeitamento da cidadanía á moción de censura

O responsábel local do BNG de Mos, Miguel Aldea, informou que o BNG vai levar a cabo unha campaña informativa dirixida a cidadanía buscando o posicionamento da poboación contra a moción de censura presentada polo PP.

A primeira acción desenvolverase este fin de semana cun envío e reparto masivo do boletín informativo especial do BNG onde se explican as razóns que demostran que esta moción de censura presentada polo PP, violenta e despreza a vontade democrática expresada polos veciños e veciñas de Mos nas últimas eleccións municipais e está totalmente inxustificada.

A segunda iniciativa será unha asemblea informativa aberta á que están convocados todos os veciños e veciñas de Mos, que terá lugar o mércores da semana que ven, e á que asistirán dirixentes comarcais e nacionais do BNG, xunto cos concelleiros nacionalistas

Miguel Aldea afirmou en relación coa moción de censura que “non hai razóns para presentar esta moción, existe un goberno lexítimo, con actuacións en marcha e acordos coa Xunta de Galiza positivos para Mos e para os seus habitantes. O BNG ademais está a facer o seu traballo con maior esforzo e adicación diante das falcatruadas que o PP está levando a cabo.

Finalmente, o responsábel local do BNG, manifestou que ‘desde que tivemos coñecemento da presentación da moción de censura tomamos a firme decisión de empregar todos os cauces democráticos e as nosas forzas, para que non vaia adiante a moción de censura, por ser un mandato que exise o noso compromiso co pobo de Mos.

Advertisements

0 Responses to “O BNG busca o rexeitamento da cidadanía á moción de censura”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: