:: A alcaldesa responde así a un requerimento do PP no que solicita a cancelación de todas as convocatorias ::
A alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero cualifica de “lamentable” a presentación por parte do grupo do PP dun escrito no que solicita a cancelación de tódalas convocatorias ata a celebración do pleno do día 12 de decembro. Considera un “atrevemento” que se presente un escrito con este contido cando en Mos existe “un goberno lexítimo que va a seguir traballando sen parar ata o próximo día 12 de decembro, data na que se verá se a moción de censura prospera” e engade, de xeito contundente, que o PP “non é quen para pedir ao goberno a cancelación de tódalas convocatorias”.
Segundo a rexedora mosense, con este asunto, o PP pretende “frear o traballo do goberno local con proxectos moi importantes para os/as veciños/as de Mos” e ademais asegura que “é propio de ignorantes atreverse a presentar un escrito coma este”.
A alcaldesa de Mos anuncia, tal e como comunicou no pasado pleno ordinario do 27 de novembro e antes da presentación da moción de censura, a celebración dun pleno extraordinario, que terá lugar o venres día 5 de decembro, ás 18.30 horas no CDL e no que se abordarános segiuntes temas:
– A cesión da totalidade das antigas escolas de Cototorrón e o terreo adxacente ao Consorcio Galego de Galescolas.
– A aprobación a sinatura dun convenio co devandito Consorcio para crear unha nova escola infantil en Cototorrón (galescola) subvencionada ao 100%, e ademais o acondicionamento das antigas escolas unitarias de San Rafael como ludoteca.
– Outro dos asuntos que debaterán os membros da corporación é a numeración das vivendas da urbanización de San Antoiño e a colocación de placas co nome das rúas.
– E tamén tratarán o proxecto sectorial de construción de vivenda protexida, por parte da Consellería de Vivenda e So, coa previsión da construción de 168 vivendas (vivenda protexida) en Porteliña e 198 de vivenda protexida máis 66 de vivenda libre na zona de Puxeiros.
Todo isto non tería pasado se o BNG fora o que era antes. Do lado dos veciños, sen compoñendas, traballando coma burros, sen ataduras. Qué pena ter que miralo sometido a un pacto cuns socialdemócratas, blandos e que só saben acatar as ordes de Touriño. Eu non recoñezo a esta esquerda. Como veciño de Mos, nin a favor nin en contra da moción de censura. Eu penso que a acta debe ser do partido, non da persoa. Pero tamén penso que hai que ser moi burro para agredir físicamente a un contrario. O que sí que sinto é que un partido como o BNG esté a comportarse como unha comparsa do poder. Máis vale estar sós que acompañados desta ralea agresiva e iletrada. Pobre concello de Mos. De mal en peor e sen políticos de categoría que o defendan.
Se vai ser que a culpa disto é do Bloque.
1º Quen se vende é Gerardo Alonso do Psoe
2º Quen compra é Nidia Arévalo do PP
3º A agresión a Gerardo fixoa un ex-PP que agora é do Psoe
3º Se BNG non pacta con Psoe goberna o PP
4º Os BNGs nunca traballaron como Burros porque eu non mirei que fixeran até o de agora burrada ningunha
5º Se o BNG tivera 10 concelleiros outro galo cantaría
6º Deixarías de casarte coa persoa que amas por culpa da súa familia?
Boas tardes, Diogo.
1º Traballaban coma burros = traballaban moito. Traballaban arreo. (era unha metáfora sinxela, sen ironía). É un feito que o facían. En todos e cada un dos concellos deste país.
2º A mín impórtame un bledo o que faga o PP.
3º A min impórtame un bledo o que faga o PSOE.
4º A min me importaba o que facia o BNG.
5º ¿Debo supoñer que o que chamas “familia” é o PSOE?
6º Me consta que a familia que o BNG tivo ata estas eleccións autonómicas era excelente, non penso que fixera falla cambiala. Cambiou a familia entón? Xa me parecía.
7º Esa familia non era o PSOE.Isto vai pasar un prezo demasiado alto. O mellor non inmediatamente, porque a xente sempre quere subirse ao carro do poder, pero a larga…
8º O mellor ti non te acordas. Pero fai un tempo -moito tempo, seica- aínda que só houbera un concellal do BNG nun concello de Galicia , a súa labor facía que todos andiveramos coa cabeza alta: e todo iso sin que fixera falta “merchandising”.
9º Isto non é culpa do Bloque. O Bloque, por desgracia, eiquí non pinta nada. Non pode opoñerse ao seu socios.
Un saúdo. (Un saúdo sen acritude, sen histerismos e por riba de todo sen violencia e sen mala educación). ¿Non crees que en Mos imos bastante sobrados de mal rollo? Cada un que pense o que queira. Eu te digo que, persoalmente, síntome desolado, decepcionado e bastante triste.
¡Como che gusta embarullar as cousas, eh?
Eu tamén me sinto decepcionada e triste por moitos motivos:
Porque pase o que pase, se é algo malo, sempre será culpa do BNG ( aínda que non tivera nada que ver, como neste caso); porque hai moitos veciños e veciñas que non queren ver e recoñecer qué persoas son as que traballan por eles e cales aspiran solamente ao poder; porque logo de ver o traballo feito nos últimos anos,chegan as eleccións e os votos van para os que solo pensan no seu cuciño e nos seus intereses; porque, enriba, aparecen un “vendido” no PSOE (que xa podía ter cuidadiño coa xente que mete na lista), e un partido sen escrúpulos que merca (PP); e mentres, nós, os veciños e veciñas de Mos somos os principais prexudicados, porque se paraliza a boa marcha do concello, e porque elementos como estes non fan máis que danar a imaxe dos bos políticos, que tamén os temos .
De embarullar nada de nada.
A militancia non ten culpa de nada. precisamente son eles os que traballan. A culpa é de non ter esperado un pouco e non ter que mancharse polo camiño por xentiña como a do PSOE. (non os militantes do Psoe), xentiña coma touriño e algúns máis, que só esperan que o BNG sexa quen se desgaste e poder eles quedar con todo.
Non lle botemos a culpa aos netos de Fraga. A temos nós, por non controlar aos de arriba.
De embarullar, nada de nada, a ideoloxía fala sola. Sen filtros, a non ser que che moleste. Polichinela de ninguén, nen sequera dos meus.