O Alcalde do Porriño reuníuse co Comité de Empresa de AstraZeneca

 astrazeneca0038 

 “Sería unha magoa que o enclave onde naceu a industria farmaceutica no Porriño, co antigo grupo Zeltia, tivera como final un inxustificado feche patronal”, afirmou O Alcalde, que foi invitado pola presidenta, e en nome de todo o Comité de Empresa, a visitar as instalacións de Astrazeneca no Porriño.

O Comité de Empresa de Astrazeneca reuníuse co Alcalde do Porriño para explicarlle o proceso ao que se ve sometido a factoría do Porriño, logo de que a multinacional farmacéutica anglo-sueca anunciara días atrás a súa intención de vender a súa planta do Porriño e, no caso de non atopar comprador antes do 31 de xaneiro do 2009, proceder ao feche definitivo da mesma. 

Tanto o Comité de Empresa como o Alcalde valoraron que a incidencia que se produce nesta factoría non teña que ver co proceso de crise financieira mundial no que nos atopamos, e que afecta a outros sectores da industria porriñesa; senón que se trate dunha acción por parte da empresa para obter maiores beneficios desviando as actividades que realiza en Europa a paises onde a man de obra e as condicións laborais son máis favorábeis para o seu balanzo de resultados.

O Comité de Empresa trasladoulle ao Alcalde a necesidade de que as administracións públicas actúen con dilixencia diante deste tipo de operacións, impedindo un elevado custo social e persoal que non se xustifica por perdas económicas da empresa.

A pesares de que as competencias da administración local son mínimas neste tema, Raúl Francés manifestou o seu apoio ao Comité de Empresa e ao conxunto dos traballadores e traballadoras de Astrazeneca, poñéndose á súa disposición para respaldar a xeira de contactos que van manter nas vindeiras datas coa administración autonómica, a través dasdistintas consellerias implicadas.

 

 

Advertisements

2 Responses to “O Alcalde do Porriño reuníuse co Comité de Empresa de AstraZeneca”


  1. 1 EL VUHO VIGIA 6 Decembro 2008 ás 13:07

    + de lo mismo , no veo movilizaciones y si muchas reuniones. Hay que salir a la calle YA

  2. 2 Subcomandante Marcos 14 Xaneiro 2009 ás 18:01

    Mañan xoves 15 vémonos todos na praza do concello.
    http://astrazenecasolucion.blogspot.com

    AstraZeneca Porriño Non se Pecha


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: