Os concelleiros do PP e Gerardo Alonso asinan unha moción de censura contra o actual goberno de Mos

:: Escudero asegura que foi un golpe de Estado ::

10 días lle quedan ao bipartito PSOE-BNG no goberno de Mos se prospera a moción asinada  entre os concelleiros do Partido Popular e o non adscrito Gerardo Alonso. Segundo fontes populares a moción, asinada esta semana, será presentada esta mesma mañá no rexistro do concello.

Nidia Arévalo converteriase así na nova alcaldesa do Municipio, logo de cinco anos na oposición e tras quedarse nas últimas eleccións a un concelleiro para a maioría.

Tres meses pasaron dende que Gerardo Alonso abandonou as filas do PSOE de Mos e apenas catro dende que o BNG PSOE asinasen o pacto de Goberno. Durante todo este tempo os rumores de moción de censura foron continuos, en principio aplacados polo pacto antitransfuguismo popular, pero ultimamente cada vez máis próximos polo continuo achegamento entre o ex edil socialista e os populares.Chega ademáis logo de que no mes de setembro o presidente do PP. Alberto Nuñez Feijoo, asegurase que cumprirían o pacto  antitransfuguismo, e tras afirmar que os problemas internos de Mos debería resolvelos o PSOE e non botarlle a culpa ao PP”, asegura.

Escudero asegura que foi un golpe de Estado

María Jesús Escudero, actual alcaldesa socialista, califica a moción como “golpe de estado levado a cabo por Nidia Arévalo, quen non conseguiu nas urnas ser alcaldesa”. Escudero asegura que a voceira popular está “borracha de ambición e entrou pola porta de atrás para crear un goberno ilegítimo formado por un tránsfuga”.

Ante o inminente da moción, Escudero asegura sentirse tranquila, mentres recibe chamadas de apoio dos veciños de Mos. O único que lle pesa é “non ter calado antes a Gerardo”, de quen asegura que “foi comprado polo PP”.

Advertisements

0 Responses to “Os concelleiros do PP e Gerardo Alonso asinan unha moción de censura contra o actual goberno de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: