A moción está xa rexistrada no concello

mos_mocion2

Ás dez e media desta mañá, os populares  Nidia Arévalo, José Luis Alonso Seijo e Alberto Méndez Laje, presentaron por rexistro a moción de censura contra o actual goberno bipartito, PSOE-BNG. En dez días deberá convocarse un pleno extraordianrio para debatir a cuestión: o 12 de decemrbo ás 12h é por tanto a data do pleno extraordinario no que populares e o non adscrito Gerardo Alonso se farán, con case toda seguridade, co goberno de Mos.

Sorrinte, Nidia baixaba ás 10,30 do despacho do secretario do Concello, onde ultimou o documento, que logo presentou no rexistro de entrada. Polo momento a concelleira popular non quixo facer declaraciones, á espera de estar respaldada por todo o seu grupo na rolda de prensa que teñen convocada para esta mesma mañá.

Gerardo Alonso, non acompañou aos membros do PP a presentar o documento e leva toda a mañá ilocalizable.

Tamén o BNG deixa as declaracións para máis tarde. Teñen convocada unha rolda de prensa para esta tarde, aínda que adiantaban a A PENEIRA DA LOURIÑA o seu malestar e a súa intención de seguir ao carón dos veciños.

 

Texto:María Díaz
Foto: Hernández
Advertisements

0 Responses to “A moción está xa rexistrada no concello”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: