O Porriño inaugura a Oficina de I+B oito meses despois da súa posta en funcionamento

oficinaconsorcio0012

Oito meses levan traballando as técnicas de igualdade da oficina de Igualdade e Benestar emprazada no concello do Porriño, pero o consorcio non quixo que o centro seguise adiante sen un acto oficial, no que estivo presente esta mañá Carme Adán, a Secretaria Xeral de Vicepresidencia da Xunta, e o alcalde do Porriño, Raúl Francés, así como representantes dos departamentos de servizos sociais dalgúns dos concellos aos que da servicio: Pazos de Borbén, Soutomaior, Mos, Redondela, Fornelos de Montes, Salvaterra, Salceda, Covelo, Crecente, Ponteareas, As Neves, ACañiza, Arbo, Mondariz e Mondariz Balneario.

Victoria Rei, responsable da oficina comarcal destacou a labor que as técnicas están a facer nestes 16 concellos, sobretodo no que se refire a programas educativos, “que están a ser moi ben acollidos”, dixo.

Pola súa banda, tanto Adán como Francés destacaron a importancia da colaboración entre concellos e Vicepresidencia para acadar resultados efectivos en igualdade e benestar. “Para o noso concello é moi importante ter aquí este equipo, aínda que sexa compartido”, aclarou Francés, quen agradeceu a Vicepresidencia os investimentos que está a realizar no municipio: a galescola, a piques de ser rematada, segundo o rexidor, e o centro de día, que se emprazará en Torneiros, ao igual que a oficina de I+B.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño inaugura a Oficina de I+B oito meses despois da súa posta en funcionamento”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: