O conselleiro de Medio Ambiente inaugura o parque de Sanguiñeda

mos_parque-sanguineda1

A alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero, e o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, inauguraron esta tarde o novo Parque municipal de Sanguiñeda en Mos.

Ao acto, que se celebrou onte ás 17.00 horas, contou tamén coa presenza de outros membros da corporación municipal de Mos: o tenente alcalde, Xosé Manuel Martínez Ojea, a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Lago, a concelleira de Educación, Delfina Rodríguez, o concelleiro de Servizos, José Campo, o concelleiro de Deportes, Manuel Castro e o concelleiro de Medio Ambiente, José Carlos Cabaleiro.

O novo parque, de carácter urbano, emprázase nunha superficie aproximada de 9.000 m2. e o acondicionamento da zona verde, próxima ao río Louro, contou para súa execución cun orzamento de 215.526 euros.

Os/as veciños/as de Mos dispoñen xa dunha nova zona pública de ocio, ao aire libre, con xogos para nenos e tamén con elementos para o exercicio dos maiores, ademais de un estanque. O Parque permanecerá aberto tódolos días.

A rexedora mosense destacou a recuperación da zona xa que “estaba moi deteriorada, era utilizada polos veciños como vertedoiro de residuos e os camións como aparcadoiro “ e engadiu que “se recuperou unha fonte de auga creando un estanque”. Tamén anunciou o compromiso de Medio Ambiente para recuperar unha zona en Louredo para o uso dos veciños, que contará cun orzamento de 100.000 euros

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente asegurou que “seguiremos traballando para crear zonas de entretemento común” e afirmou que “sanear o concello significa futuro”, destacando que o Concello de Mos “fixo os deberes medioambientais” e que isto supón que “do caos, se está construíndo un concello organizado mellorando a calidade de vida da veciñanza”.

Na súa visita a Mos, Manuel Vázquez repasou outras actuacións que está a realizar a Consellería no municipio como é a rehabilitación ambiental do Monte Alfacuca, cun investimento de 184.000 euros.

En materia hidráulica, está a acometer a rede de colectores de saneamento en Eira Grande e Portela, na parroquia de Louredo, cun investimento de 132.000 euros. O concello solicitou a execución dunha segunda fase para complementar esta obra, cun orzamento de case 55.000 euros.

A rede de colectores en Tameiga, Petelos e Sanguiñeda, cun orzamento de 290.000 euros e o abastecemento a núcleos das parroquias de Torroso, Mos e LOuredo, cun investimento de 434.000 euros, son outras das infraestruturas que actualmente están en execución no concello.

 

Advertisements

0 Responses to “O conselleiro de Medio Ambiente inaugura o parque de Sanguiñeda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: