Salceda de Caselas conmemora por 1ª vez o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

O concello de Salceda de Caselas, celebra o Día Internacional  para a eliminación da violencia de  xénero, coa proxección  de dúas curtametraxes: Amelia e as sereas, que conta a historia dunha muller castigada polo silencio do seu entorno sobre o maltrato do seu marido; e Toda clase de peles que trata da liberación dunha muller dos abusos sexuais do seu pai a través do amor e da maternidade.

Mónica Vizcaya Vázquez, responsable política da área de Igualdade, desexa que o poder de sensibilización e de denuncia que posúen estas dúas curtametraxes cheguen a todalas persoas que acudan a este acto conmemorativo, que se desenvolverá a partir das cinco da tarde no auditorio municipal. A concelleira, informa que ademais do valor das imaxes, tamén as verbas de denuncia e de repulsa  serán postas de manifesto nesta data sinalada, por Natividad Chicote, veciña de Salceda de Caselas e pertencente ao grupo de voluntariado en igualdade,  involucrándose nestá 1ª iniciativa do seu concello de sementar un futuro sen violencia machista. 

Para favorecer a asistencia e a participación de todas as persoas que desexan sumarse a esta convocatoria de sensibilización e de repulsa da violencia de xénero, a concelleira Mónica  Vizcaya, reponsable da Concellaría de Voluntariado de Salceda de Caselas  informa que a Oficina de Voluntariado organiza un taller lúdico infantil, coa finalidade de que os adultos que teñan menores a cargo poidan asistir as proxeccións, este taller se desenvolverá nun espazo contiguo o auditorio municipal e ao mesmo tempo cas proxeccións.

Mónica Vizcaya, fai un chamamento a todas as súas veciñas e veciños para que manifesten a súa repulsa  a través da  súa participación  neste 1º acto conmemorativo.  E agradece a colaboración de todalas persoas voluntarias, e da Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas,  da Axencia Audiovisual Galega, do IGAEM e da Consellaría Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, por achegar a programación  dos Cinemas Dixitais a Salceda de Caselas.

Advertisements

0 Responses to “Salceda de Caselas conmemora por 1ª vez o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: