Comezan as obras do novo CEIP Antonio Palacios de Torneiros

ivaneducacion1

 ::O PSOE de Porriño brinda o seu apoio ós traballadores da empresa Astra Zéneca e afirma que chamará a todas as portas para evitar o seu peche::

O Secretario Xeral e Voceiro do PSOE de Porriño, Iván Vaqueiro anunciou hoxe que comezarán as obras de construcción do novo CEIP Antonio Palacios de Torneiros, logo de que a empresa INDEZA fose adxudicataria da obra de construcción do novo colexio, tal e como publicaba recentemente a páxina web da Sociedade Pública de Investimentos (SPI Galicia).

A obra, que ten un Orzamento de 2.724.430 euros, terá un prazo de execución de 9 meses, e contribuirá de maneira decisiva a mellorar a calidade dos servicios educativos da parroquia de Torneiros, segundo o socialista. “Os veciños de Torneiros e Porriño- afirmou Vaqueiro- estamos de norabóa por esta nova obra do goberno de Emilio Pérez Touriño na parroquia de Torneiros, o que pon de manifesto unha vez máis o compromiso que os socialistas do Porriño temos coa Educación”

Vaqueiro contrapuxo o compromiso dos socialista coa Educación coa decisión do BNG de non asistir ós Consellos Escolares dos centros escolares de Porriño. Para o PSOE, as declaracións de Raúl Francés (responsable da área de Educación) no último pleno no que os socialistas o instaban nunha moción a que asistise ou nomease representantes nos consellos escolares de Porriño, ó que, segundo os socialistas, Francés respostou que non acudía por que o criticaban, son indignas dun Alcalde e amosan un profundo desprecio ás institucións democráticas educativas, e o instou a cumprir coa súa obriga como responsable de educación, ou a nomear representantes que acudan ós consellos escolares.

Apoio do PSOE ós traballadores de Astra Zéneca e mediación autonómica para evitar o peche da empresa

O Secretario xeral aproveitou tamén para informar públicamente do apoio do PSOE de Porriño ós traballadores da empresa Astra Zéneca, e afirmou que o PSOE de Porriño presentará unha moción no vindeiro pleno da Corporación para apoiar ós traballadores da empresa, e afirmou que “os socialistas chamaremos a todas as portas para pedir que se busque unha saida ós traballadores de Astra Zéneca que non implique o peche da empresa”

Advertisements

0 Responses to “Comezan as obras do novo CEIP Antonio Palacios de Torneiros”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: