III Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño ‘Memoria e nación’

Do 25 ao 30 de Novembro do 2008 celebraranse en Tui, Tomiño, Salceda e O Porriño as III Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño ‘Memoria e nación’.  Organiza a Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño co apoio da Consellería de Cultura. Dirección Xeral de Difusión e Creación Cultural.Colaboran: Concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui.

Se queres coñecer o programa continúa lendo_

  • Martes 25. Mesa redonda, “A represión no ferrocarril”. Presentación de Bieito Alonso. Participan: Xosé Ramón Paz Antón, Moncho Iglesias e Dionisio Pereira. Centro Cultural (O Porriño).
  • 20,30 horasMartes 25. Conferencia de Xosé Manuel Malheiro, “Alonso Ríos: unha escola para o País”. Presentación de Marta Dacosta. Hotel Nueva Colina (Tomiño),
  • 20,30 horas.Mércores 26. Conferencia de Natalia Jorge, “Isaura: unha vida solidaria”. Presentación de Mario Rodríguez. Centro Cultural de Figueiró.
  • 20,30 horas.Xoves 27. Presentación do volume “O Miño: unha corrente de memoria” (Eds. Alén Miño). Presenta Ramón Fernández Leal. Participan: X. Ramón Paz Antón, Carlos Méixome e Guillermo Rodríguez (editor). Área Panorámica (Tui).
  • 20,30 horas.Venres 28. Conferencia de Bieito Alonso, “A memoria do agrarismo”. Presentación de Xosé Manuel Suárez. Casa do Concello (Salceda de Caselas).
  • 20,30 horas.Venres 28. Conferencia de Rafael Martínez Calzado, “Un alcalde agrarista, Daniel Calzado”. Presentación de Xosé Manuel Méndez. Centro Cultural de Cristelos.
  • 20,30 horas.Domingo 30. Estrea do documental “Afranio” (Alén Filmes) dirixido por Víctor Coyote. Con posterioridade á proxección haberá un coloquio no que participarán Víctor Coyote e o actor Luís Tosar. Modera, Xosé Manuel Méndez. Auditorio de Goián.
  • 19,30 horas.Clausura das Xornadas a cargo de Rafael Martínez Calzado, secretario da Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño.
Advertisements

0 Responses to “III Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño ‘Memoria e nación’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: