AstraZeneca poñerá á venda a súa planta de O Porriño na que traballan 113 empregados

o-porrino_astrazeneca

A empresa AstraZeneca buscará comprador para a súa planta de O Porriño, na que traballan 113 empregados. Así o indicaron fontes da firma, dedicada á fabricación de produtos para a industria farmacéutica, que anunciou unha reestructuración na que a compañía decidiu a racionalización das súas actividades de produción destinadas ao envasado de medicamentos e de distribución.

Así, a compañía evaluará as oportunidades de buscar posibles compradores e, en paralelo, abrirá un proceso de conversacións cos representantes dos traballadores para buscar “solucións para o persoal”.

“As prioridades en Investigación e Desenvolvemento deron lugar a reducións inevitables no investimento noutras áreas do negocio global da compañía,” indicou Paul Hudson, presidente de AstraZeneca España. “Este proceso global de racionalización responde á necesidade estratéxica da compañía de concentrar as actividades de envasado e distribución de medicinas nun menor número de plantas de produción europeas. Deste xeito optimízase o custo e a capacidade asegurando a flexibilidad fronte ás fluctuaciones da demanda”, engadiu.

AstraZeneca informou que seguirá garantindo o abastecemento efectivo e de calidade das súas medicamentos aos pacientes en España.

Advertisements

0 Responses to “AstraZeneca poñerá á venda a súa planta de O Porriño na que traballan 113 empregados”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: