Mañá celébrase o xuízo contra José Manuel Fernández Rodríguez (Chicho)

:: O anterior Alcalde de Salceda de Caselas está acusado dun presunto delito de falsedade documental ::

Mañá día 20 de setembro, ás 10:00 h., está previsto que se inicie na Audiencia Provincial de Pontevedra un xuízo contra o que foi Alcalde de Salceda de Caselas, José Manuel Fernández Rodríguez, Chicho. Está imputado polo presunto delito de falsidade documental, por ter xustificado no ano 2003 a execución dunha obra de mellora eléctrica no Cerquido cando realmente non estaba realizada.

A denuncia, diante da fiscalía o 13 de abril do 2004, foi realizada polos concelleiros do BNG, naquel entón na oposición, agora no goberno bipartito do municipio, xunto ao PSOE.

Logo da investigación xudicial, polo Xulgado de Instrución Nº 3 do Porriño, ao apreciarse presunción de delito, seguíronse os trámites procesais nos que o Fiscal no seu escrito de acusación sinala que “os feitos relatados son constitutivos dun delito de falsidade en documento oficial do artículo 390.4 do C. P”.

A acusación particular exercida por concelleiros do BNG considera, do mesmo xeito que a fiscalía, que se cometeu un delito de falsidade en documento oficial.

Ademais do ex rexedor municipal, figuran imputados como cooperadores necesarios o empresario adxudicatario da obra e o técnico da empresa que certificou a súa realización.

Tanto a Fiscalía como a acusación particular solicitan, para José Manuel Fernández Rodríguez, a imposición dunha pena de tres anos de prisión, multa e catro anos de inhabilitación para cargos públicos.

O Xulgado de Instrución, por Auto do 16 de abril do 2008, acordou a apertura de xuizo oral e declarou como órgano competente a Audiencia Provincial de Pontevedra.

A Audiencia sinalou para o comezo das sesións do xuízo oral o día 20 de novembro, ás 10:00 horas da mañán.

Advertisements

1 Response to “Mañá celébrase o xuízo contra José Manuel Fernández Rodríguez (Chicho)”


  1. 1 Antnio Brros Sanjuan 6 Febreiro 2009 ás 00:52

    Desde o dia 17 de Xaneiro 2009
    Dia do meu CUMPLEANOS por fin teño INTERNET.

    Normalmente experimentando “peneirando” etc.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: