O Porriño celebra a Mostra de Produtos Ecolóxicos e Naturais esta fin de semana

feiraviva

O Concello do Porriño informa, a través da súa Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Miriam Martínez Troncoso, da presentación da IV Edición da Mostra de Produtos Ecolóxicos e Naturais do Porriño: Feiraviva; que se vai celebrar no Parque do Cristo do municipio porriñés os días 15 e 16 de novembro (sábado e domíngo).

A feira combinará os tradicionais expositores con distintos obradoiros. As persoas que asistan a Feiraviva, poderán visitar tamén a exposición Un Mundo de Auga, pertencente ao ciclo de oito exposicións sobre temática mediambiental organizadas polo concello porriñés durante este ano baixo o título de Verdecente.

Expositores
Os expositores abranguen diferentes bloques temáticos: alimentación, téxtil, librarías, produtos envasados, bioconstrución, xoguetes, etc. En total, serán 22 as empresas que se darán cita en Feiraviva. Entre as novidades desta edición, cómpre destacar a empresa de bioconstrución Ruranting, que instalará unha réplica dunha casa construída con materiais ecolóxicos, tanto no seu exterior como no seu interior, e que as persoas asistentes poderán visitar.

Obradoiros
O sábado día 15 ás 11:00 horas, celebrarase un obradoiro de reciclaxe. Xa pola tarde, a partires das 17:00 horas, terán lugar dous obradoiros, un de elaboración de gominolas e outro de elaboración de ambientadores a partir de flores secas.

O domingo día 16 ás 10:00 horas, terá lugar un obradoiro de elaboración artesanal de queixo. Posteriormente, a partires das 12:30 horas, procederase á degustación do queixo elaborado no obradoiro acompañado con mel. Pola tarde, a partires das 17:30 horas, haberá contacontos sobre temática ambiental para cativos e cativas.

A Concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “Fixemos unha forte aposta polos obradoiros nesta edición. Estos obradoiros son levados a cabo por educadores e educadoras ambientais. Con eles pretendemos promover valores como un consumo xusto e responsable, hábitos saudabless, ou a solidariedade e a conciencia sobre o medio. Respecto aos expositores participantes na feira, a concelleira declarou que “este ano contamos cunha grande variedade de expositores, que de seguro sorprenderán á xente que se achegue até o Parque do Cristo.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño celebra a Mostra de Produtos Ecolóxicos e Naturais esta fin de semana”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: