A depuradora de Guillarei entrará en servizo en xaneiro do 2009

depuradora-guillarei

:: A Xunta investirá sete millóns de euros para facer as conexións dos catro concellos ao colector xeral e un millón de euros para subvencionar o mantemento da EDAR ::

Onte trazouse o libro de ruta para a apertura do sistema de saneamento e da depuradora de Guillarei, que entrará en funcionamento – logo de máis de dou anos de retraso – o vindero 1 de xaneiro de 2009. Así o decidiron en os alcaldes dos catro concellos aos que dará servizo (O Porriño,  Salceda, Tui e o concelleiro de Servizos de Mos), o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel V´zaque, o delegadode Medio Ambiente, Juan Francisco Froján e o presidente de Augas de Galicia, José Luis Romero, na ´´ultima reunión mantida en Pontevedra.

A apaertura da EDAR vai a ser un proceso gradural.A súa xestión delégase a Augas de Galicia, que comezará o proceso de licitación, mediante concurso público, para a xestión e mantemento da planta e do sisetma de colectores.

A consellería de Medio Ambiente desparalizará esta infraestrutura cun investimento de sete millóns de euros, que permitirá rematar a rede de colectores secundarios que unirán o saneamento dos catro municipios á rede de colectores principal. Este era un dos principais escollos paraa apertura da pranta, pois a panta de Guillarei edificouse como unha macrodepuradora, demaiado grande para tan só catro concellos, cuxo custo superaba o que podían asumir os mesmos.

Neste senso hai tamén un custo de mantemento de 2.5 millóns de euros, que os concellos tampouco podian asumir. Agora o farán, pero cunha achega da consellería de un millón.
“Era imposible pagalos sos, nós non podíamos asumir eses cartos”, asegura o alcalde de Salceda, Marcos Besada, satisfeito polo acordo chegado coa consellería “Estaera a solución máis razonable para os veciños”,asegura o alcalde do Porriño, Raúl Francés, quen aínda non entende porque a Confederación Hidrográfica, logo do investimento millonario feito de forma inicial, non quería asumir eses últimos cartos.

Agora a pelota está no tellado dos concellos, que terán que aprobar en pleno a ordenanza reguladora de vertidos, que definará os parámetros que deben cumplir os vertidos que entren na rede de colectores da planta, tamén a taxa fiscal de depuración, que se pretende que sexa o mesmo para os catro concellos, tanto no vertido doméstico como no industrial. Deberá aprobarse tamén un convenio marco onde se regule a xestión da rede de colectores e da pranta e, por último, un convenio específico en cada concello para aprobar as obas a executar pola consellería en cada un deles.
Tanto os alcaldes do Porriño e Salceda, como o concelleiro de Servizos de Mos, José Campo, destacan a importancia de que se consesúen as taxas que pagarán os veciños e as empresas, que ademáis non será máis do que pagan os concellos limítrofes de igual ou similar tamaño, como poidan ser Ponteareas ou Gondomar.

“Esta era a solución que anunciabamos fai un ano,a que queríamos os concellos e a Xunsta de Galicia, durante estes anos de presións por parte da Confederación”, asegura Francés, puntualizando que “ter un autogoberno en Galicia posibilita ue un problema que non se podía resolver coa administración do estado, se resolva satisfactoriamente”. Nesta mesma liña Besada asegura que “se demostrou que hai consenso, diálogo e negociación e todas as administracións nos puxemos a traballar para chegar a un acordo”. Tamén Campo destacou o

Un sistema en bo estado
A EDARde Guillarei poderá poñerse en marcha en xaneiro, porque un equipod e enxeñeiros contratado pola Xunta ven de desmentir un dos maires temores que tiñan os catro concellos: que a depuradora, logo de tanto tempo parada, tivera danos estruturais graves. Non é así, parece que tanto a rede de colectores comoa depuradora están en perfectas condicións “salvo algúns danos de escasa relevancia”.

Advertisements

0 Responses to “A depuradora de Guillarei entrará en servizo en xaneiro do 2009”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: