O Porriño celebra un ano máis a tradicional Noite do Calacú

noite-do-calacu-07

:: Como novidade, este ano a festa, que cumpre cinco anos, celebrarase toda a xornada do sábado coa II Mostra de Espantallos Dalá Abaixo desde as 11 da mañán ::

Un ano máis, os “Veciños e Veciñas dalá abaixo” do Porriño celebran a Noite do Calacú coa colaboración do Concello de Porriño e a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián. A Noite do Calacú, que este ano cumpre cinco anos, é unha festa que se converteu en todo un referente do calendario festivo do municipio e que consegue reunir a centos de persoas nunha das zonas máis emblemáticas da vila.

Este ano a organización quixo ir máis alá e ampliou a festa. Den de as 11 da mañá do mesmo sábado, decenas de “espantallos” adobiarán o paseo do barrio. Veciños e algúns colexios porriñeses están elaborando xa súas espantallos para expoñer na “Mostra de Espantallos Dalá Abaixo” deste ano, exposición que está aberta a todo aquel que queira participar co seu boneco. “O ano pasado xa espuxemos preto de dez e pareceunos boa idea utilizar a mañá do día da festa para potenciar esta actividade orixinal e divertida”, cóntanos un dos creadores da celebración. Ademais, a partir das 11, a Asociación de Veciños dos barrios situará unha baiuca no paseo na que se servirán lentellas e viño.

Obradoiro de Calacús e magosto para rematar a festa

Xa pola tarde, celebrarase a tradicional festa. A partir das 17:00h., os máis pequenos poderán comezar a participar- sempre na compaña dun adulto- no concorrido obradoiro de calacús e darlle formas orixinais a súas calabazas. A partir das 18:30h. a festa estará amenizada pola charanga “Vaite Xa” de Valadares. Ás 19:00h. terá lugar a xa tradicional procesión da Ilustrisima Archiconfraría do Calacú, un dos momentos máis simpáticos e agardados da festa. Algo máis tarde chega outro dos momentos máis importantes da celebración: a lectura do pregón, este ano a cargo de Juan Manuel Areal, e a emblemática elección da Dama e o Cabaleiro do Calacú 2008 que neste quinto aniversario recaeu nos veciños María Jesús Herrero e Germán Fojo, respectivamente. Ao acabarse a “ceremoniosa” entrega, a organización servirá castañas, viño e refrescos para os que queiran poñer así o punto e final a esta orixinal festa.

 

Advertisements

0 Responses to “O Porriño celebra un ano máis a tradicional Noite do Calacú”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: