A parroquia de Entenza acollerá a XII Festa dos Cogumelos

salceda_cogumelos-2007

Os vindeiros días 15 e 16 de Novembro, a Asociación de Xóvenes A Turonia de Entenza, celebrará a XII edición da Festa dos Cogumelos. Esta celebración, como en anos anteriores, contará con exposicións, degustacións e varias actividades encamiñadas a coñecer mellor o rei do outono, o COGUMELO.

Esta próxima edición repartirá o próximo domingo 16 de novembro máis de 200 kilos de cogumelos das variedades pleurotus, champiñóns e portobello. En total esperanse repartir máis de 1500 racións. A degustación abrirase oficialmente a partir das 10:00h e a media mañá sobre as 12:00h terá lugar a lectura do pregón a cargo do humorista Lorenzo D’Arcade.

A celebración terá lugar na carpa que se instalará no Centro Cultural da parroquia de Entenza, Salceda de Caselas.

A manifestación gastronómica de este producto típico do outono está organizada pola Asociación de Xóvenes A Turonia de Entenza.

Tódolos interesados en asistir poderán degustar cogumelos nas súas diversas formas de preparación como o natural, con nata, en empanada ou rebozadas.

 Antes da cita, poderase participar nunha xornada de recollida de setas nos montes da parroquia, que se realizará o sábado día 15 de Novembro, a partir das 15:00h e con saída dende o Centro Cultural de Entenza. Posteriormente os cogumelos recollidos se clasificarán e formarán parte da Mostra Micolóxica no salón principal do Centro Cultural.
 A xornada estará amenizada pola actuación dun grupo musical.

Advertisements

0 Responses to “A parroquia de Entenza acollerá a XII Festa dos Cogumelos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: