Escudero: “nin vou dimitir, nin vou someterme a unha cuestión de confianza”

mos_alonsoescudero

:: A alcaldesa pídelle coherencia ao concelleiro Gerardo Alonso, en relación ás dedicacións exclusivas do Concello ::

A alcaldesa de Mos, María Jesús Escudero, quixo responder as declaracións feitas por Xerardo Alonso, nas que pedía públicamente que a rexidora mosense se sometese a unha cuestión de confianza. A esto a socialista sentencia: “nin vou dimitir, nin vou someterme a unha cuestión de confianza”. Ademáis insiste en lembrar que na pasada lexislatura houbo no concello 5 dedicacións exclusivas e que contaron co voto favorable de Gerardo Alonso. Porén, cos votos do PP e de Gerardo Alonso, nesta lexislatura unicamente hai 3, non tendo dedicación exclusiva o tenente alcalde -que na lexislatura pasada tivo co voto favorable de Gerado Alonso- e tampouco a actual concelleira de Formación, Emprego, Servizos Sociais, Transporte e Sanidade, cargo que ocupaba Gerardo Alonso na pasada lexislatura (Formación e Emprego), e que sí contaba con dedicación exclusiva.

Ademáis. a alcaldesa considera lóxico que o concelleiro non adscrito descoñeza que o goberno está redactando o orzamento para 2009 e anuncia que, no seu debido momento, invitará ao PP e a Gerardo Alonso a facer calquera incorporación no exercicio do próximo ano, “sempre e cando sexan actuacións de interese veciñal e prioritarias, en base ao número de beneficiarios, situacións de urxencia, etc.”

*Modificación puntual das normas subsidiarias de Mos do vial Porteliña-As Pozas:*

Escudero: “É lamentable que Gerardo Alonso non teña unha mentalidade para o futuro desenvolvemento de Mos”

De novo, insiste a socialista na “falta de coherencia” de Gerardo Alonso, xa que lembra que esta modificación contou co seu voto favorable para a súa aprobación inicial, xunto coa abstención do PP.

O goberno local considera este vial de máxima importancia para o futuro desenvolvemento de Mos, porque neste vial circula xa na actualidade o tráfico que vai cara ao IES, o colexio Petelos, o pavillón Oscar Pereiro, a piscina, o multiusos e será o acceso á futura casa consistorial, ademais do acceso ás 168 vivendas protexidas — cunha superficie de 52.137 m2 de solo- que a Xunta vai construír na Porteliña, a través dun plan sectorial.

A previsión da Consellaría é que o vial de acceso teña un ancho de 16 m, o mesmo que pretendía o goberno local no acceso cara ás Pozas.

Sobre este proxecto a alcaldesa adianta que convocará unha comisión informativa para a valoración da construción destas 168 vivendas na Porteliña máis 271 vivendas en A Portela, en Tameiga. Ao tempo, anuncia que darase a posibilidade aos veciños para presentar alegacións.

Pregúntase Mª Jesús Escudero sobre “que modelo de municipio quere Gerardo Alonso para o futuro”, posto que asegura que o goberno local non quere cometer os mesmos erros que noutras localidades, “que se encontran con rúas estreitas, con dificultades para os viandantes e de aparcamento…”

Finalmente declara que, “se a oposición non quere sumarse a este proxecto do goberno, o goberno no terá máis remedio que desistir desta modificación puntual e tratar de mellorar neste vial os problemas de seguridade viaria, adaptándose á realidade”.Pero, segundo a alcaldesa “é un grave erro e é lamentable que Gerardo Alonso non teña unha mentalidade para o futuro desenvolvemento de Mos”.

Advertisements

0 Responses to “Escudero: “nin vou dimitir, nin vou someterme a unha cuestión de confianza””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: