O PSOE porriñés pedirá un Informe de Olores para facer fronte á ‘contaminación ambiental’ de Frigolouro

mariajosefasio

A Coordinadora de Política Sectorial do PSdeG-PSOE do Porriño e Concelleira do Grupo Municipal Socialista do Porriño, Maria Josefa Sío informou que o seu grupo solicitará no pleno ordinario que se celebrará o xoves día 6 de Novembro, que o goberno encarge de xeito inmediato, un Informe de Olores que sirva como base para tomar medidas fronte á contaminación da calidade do aire producida pola actividade da empresa Frigolouro.


Josefa Sío afirmou, que son moitas as queixas cidadáns ó respecto dos olores derivados da actividade da empresa Frigolouro, que produce un evidente deterioro da calidade do aire que afecta a todo o casco urbán, froito da falta de control dun control real e efectivo por parte da empresa, das emisións de olores froito do proceso productivo que ralizan á beira do casco urbán, que, logo un tempo no que se tiñan minimizado, fai un par de anos, voltaron nestes últimos meses a ter un importante impacto na veciñanza.

A socialista afirmou que é competencia do Concello en primeira instancia, tal e como recoñece o artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local, cando se refire á protección da salubridade pública, o control da mesma, polo que, segundo a socialista, o Concello debe velar porque a empresa faga os pertinentes controis sobre os olores que desprende a súa actividade, e calificou de total deixadez a área de medio ambiente, neste tema, así como a actuación do goberno fronte ás reiteradas críticas veciñais sobre este aspecto.

A concelleira adiantou que o PSOE, esixirá no pleno ó goberno local, que pola vía de urxencia, o Concello realice ou adxudique a elaboración dun informe de olores que confirme a falla de control da empresa, e no que se recolla un plan de accións correctivas para que dunha vez por todas O Porriño non teña que soportar a degradación da calidade do aire que está a soportar.

Sío aproveitou para informar ó Concello que dada a cercanía da empresa ó núcleo urbán, o Concello debería esixir á Frigolouro un control continuado desta emisión de olores, e lembrou que dende o ano 2006, por RESOLUCIÓN do 7 de Xullo do citado ano, da Dirección Xeral de Desarrollo Industrial do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, se aprobou a norma UNE-EN 13725:2004, relativa á calidade do aire, que regula  o control de olores derivados da actividade industrial, que a empresa debería proceder a implantar, facendo as inversións necesarias para minimizar o impacto dos olores na poboación.

“Os porriñeses e porriñesas están fartos e fartas de aturar estes olores, polo que pedimos que o goberno tome medidas fronte a esta contaminación ambiental- concluiu a concelleira socialista”

 

Advertisements

0 Responses to “O PSOE porriñés pedirá un Informe de Olores para facer fronte á ‘contaminación ambiental’ de Frigolouro”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: