Asináronse os convenios deportivos para a temporada 2008-2009 no Porriño


:: O Concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez Novás, e os presidentes das distintas entidades deportivas, asinaron os convenios da temporada 2008-2009, que ascenden a perto de 600.000 euros ::

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Deportes, dirixida por Marcos Rodríguez Novás, da sinatura dos convenios cos clubes deportivos para a temporada 2008-2009. Os clubes beneficiados, con un número de licenzas deportivas que se achegan ás 2.000, son: os clubes de fútbol Porriño Industrial, C.F. Pontellas, C.F. Atios , C.D. Mosende, C.F. San Salvador de Budiño e C.F. San Blas de Budiño; o Balonmán Porriño; o Club Ciclista Spol; o Porriño Baloncesto Base, o Atletismo Porriño; o Tenis Porriño, o Patín Club do Porriño; o clube de natación Golfiños; o Futbol Sala Feminino; o clube de aeromodelismo Furaventos; e o clube Colombofilico.

O concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez Novás, afirmou que “Máis un ano, presentamos os mellores convenios da historia para os clubes deportivos do Porriño. Coa sinatura dos convenios deportivos da temporada 2008-2009, reafirmámonos na aposta do Goberno do BNG polo fomento do deporte base. Estes covenios teñen como obxectivo apoiar aos clubes do municipio, e garantir que todas as persoas, e nomeadamente as máis novas, poidan acceder ao deporte, nun concello que se sitúa entre os primeiros de Galiza en canto á actividade deportiva”

Advertisements

0 Responses to “Asináronse os convenios deportivos para a temporada 2008-2009 no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: