O PP de Salceda non está de acordo que se cobre unha taxa única aos ambulantes

O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia a forma de cobro das taxas ós vendedores do mercadiño semanal da localidade. O vicepresidente da nova xestora do PP salcedense, Santiago Rodríguez Davila, informou hoxe de que “dende o mes de Febreiro deste ano o Concello non está a cobrar as taxas ós vendedores ambulantes por montar os seus postos no mercadiño municipal. No pleno do mes de Agosto aprobouse a modificación da ordeanza da venda ambulante, polo que queren cobrarlles una cuota única, dende o mes de febreiro de 2008 ata o vindeiro decembro, o que nos parece unha auténtica irregularidade, posto que moita xente non viu todos os días ó mercado e no lugar desas persoas sí montaron os seus postos outros comerciantes”.  “Antes cobrábase cada día de mercado”, continuou explicando Rodríguez Davila, “e ademais o goberno municipal notificoulles ós vendedores no mes de Agosto que se lles concedían os seus postos a partires desa data, polo que non pode ser que agora queiran cobrarlles dende Febreiro, mes no que deixaron de ir cobrar posto a posto. Deste xeito o goberno non pode argumentar que alguén se negase a pagar, xa que foron os responsables do Concello os que non acudiron a realizar os cobros”.    

O vicepresidente dos populares salcedenses quixo aportar tamén algúns datos informativos sobor do custe que supón instalar un posto ambulante nos mercadiños de Salceda e A Garda para aportar unha visión comparativa dos prezos en cada un dos concellos. “Na Garda págase por 8 metros 110 €  cada 3 meses, o que supón un total de 440 € Ano, saíndo o metro a 55 € anuais, nun mercado que se celebra os sábados e onde as horas fortes de venda son de 10:30 a 14:00 horas. E en Salceda págase por 6 metros 306 € anuais, co que o prezo dun metro ó ano é de 51 €, celebrándose a feira os mércores con máxima afluencia entre as 10:30 e as 12:30 horas”, informou Santiago Rodríguez. Tamén explicou nun comunicado que “mantívose unha reunión co Alcalde, logo de movilizarse os comerciantes, na que se lles dixo ós que tiñan contratados 4 metros que podían montar postos de 6, que o Concello non se ía por a medir ditos metros, é dicir, que podían ocupar 6 metros que tan só se lles cobraría por 4”, o que a Rodríguez lle parece un “pésimo exemplo da administración pública ós cidadáns”.

 Segundo Santiago Rodríguez, o Alcalde nacionalista, Marcos Besada, “intentou manipular ós comerciantes, xa que mantivo por separado unha reunión coa etnia xitana e outra cos demais. Nesa reunión o seu comportamento foi autoritario e a súa actitude desafiante e maleducada, xa que non deixaba case nin falar os alí presentes, unhas 8 persoas, e atacaba directamente a unha compañeira da xestora do PP que estaba presente coma unha vendedora máis e non coma representante do partido”. Dí Rodríguez Davila que “dende o Concello tamén amenazaron ós comerciantes ambulantes con que se non pagaban o vindeiro mércores non montarían os seus postos, polo que houbo algúns que sí pagaron, aínda que foron unha minoría”.

 Nestes momentos ningún comerciante dos que non pagaron o está a facer, xa que todo está a espera de que os gobernantes aclaren a situación a primeiros do ano próximo, “polo que poderían volver as manifestacións a partires de Xaneiro”, dí Rodríguez Davila quen tamén informou de que o PP mantivo conversas o pasado mércores no propio mercado con varios vendedores “e todos nos manifestan o seu mal estar coas formas e actitude prepotente deste goberno da Nova Salceda“. Rodíguez tamén quixo deixar claro no seu comunicado “que si se leva a cabo o aprobado e non se negocia, moitos vendedores ambulantes marcharán ó mercadiño de Tomiño que tamén se celebra os mércores, polo que en lugar de potenciar o comercio o que fan é diminuílo, co que iso pode conlevar para Salceda, xa que o do mercadiño é o único día que poden facer algo de caixa o resto dos comerciantes ‘fixos’ do municipio”. Por iso o PP manifesta a sua preocupación polo posible empobrecemento do mercado da Esfarrapada, celebrado os mércores en Salceda de Caselas.

Advertisements

0 Responses to “O PP de Salceda non está de acordo que se cobre unha taxa única aos ambulantes”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: