A Campaña de Animación á Lectura María Moliner, organizada polo Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola, é o concurso máis importante no mundo das bibliotecas no Estado, premiando aos mellores proxectos na promoción da lectura entre nenos e mozos nos concellos de menos de 50.000 habitantes.
A mención especial foi recibida este ano por 12 dos 557 proxectos presentados. No ano 2006, a Biblioteca Municipal do Porriño resultara gañadora do primeiro premio deste concurso de animación á lectura O Concello do Porriño informa, de que a biblioteca municipal da localidade foi galardoada cunha mención especial no concurso de animación á lectura María Moliner, recentemente fallado.
A Biblioteca Municipal do Porriño recibiu esta mención grazas ao seu programa de animación á lectura Dentro dun libro, nacido coa pretensión de achegar os servizos da biblioteca á mocidade e incentivar no hábito lector a mozos e mozas. Ao longo de todo un ano, a biblioteca municipal programou, dentro desta campaña de animación á lectura, numerosas actividades, entre as que podemos destacar: o concurso de fotografía O Pracer de Ler; o exitoso proxecto da Bibliopraza, no que os servizos da biblioteca se trasladaron á Praza do Arquitecto Antonio Palacios muitas tardes de maio e xuño; as xa consolidadas Xornadas de Historia Local; a Semana do Libro e a Lectura; a programación de numerosos contacontos como Lúa Conluvas, e exposicións como As Bases da Banda, centrada no mundo da banda deseñada; ou a publicación, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, e con grande repercusión nos medios de comunicación locais e galegos, do DVD poético-musical Palabras Liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez; entre muitas outras.
O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, afirmou que “a Biblioteca Municipal do Porriño realiza unha laboura fundamental na promoción cultural no noso municipio. Xa desde o 2002 ven sendo seleccionada anualmente entre os 350 mellores proxectos de animación lectura no estado, conseguindo no ano 2006 o Primeiro Premio do Concurso María Moliner. A mención especial
recibida este ano énchenos de satisfacción, e supón un novo recoñecemento ao bo traballo da nosa biblioteca na promoción da lectura entre a nosa mocidade”
Moitas felicidades outra vez. Hónrame enterarme destas noticias leixos do Porriño e facerllas saber a algúns amigos que por aquí temos.
Si ven alguen a Granada a recibir o premio, por favor avisarme.
Saudos.