Cun pregón rimado, o porriñés Alfonso Pato deu a benvida aos que esta fin de semana se achegaron a festa do Codillo de Mos. Con alusións a Óscar Pereiro ou Uxía Senlle, Pato meteuse ao público no peto. Aquí deixamos constancia do pregón.

TEÑAN TODOS MOI BOS DÍAS
OS QUE VIÑERON E OS QUE NON ESTÁN
DALLES AS GRAZAS  ESTE PREGOEIRO
QUE VEN SENDO NETO DE ANSELMA DO REGUEIRO

CON ESTE PAPEL ESCRITO NAS MIÑAS MANS
CHEGO DE DETRÁS DA RISCA, DAS TERRAS DE CANS
ALÍ TEMOS UN FESTIVAL, TAMÉN TEMOS AUTOVÍA
PERO FÁLTANOS FESTA DE COMER, DE BOA GASTRONOMÍA

VOU INTENTAR FACER UN PREGÓN EN VERSO
A VER SE A COUSA NON ME QUEDA DE PENA
PORQUE AQUÌ PARA ESCRIBIR BOA POESÍA
XA TEDES A GRAN MARÍA MAGDALENA

MELLOR CA MIN ESTARÍA AQUÍ OSCAR PEREIRO
É MAIS GUAPO, TEN MAIS TRAXES E DA UN BO PREGOEIRO
TIÑA QUE ESTAR AQUÍ O GRAN OSCAR, O NÚMERO UN
O DO MANIFESTO DA LINGUA COMÚN

EU NON SEI CANTAR CON ALEGRÍA
NIN TEÑO A VOZ QUE TEN UXÍA
QUE TEN NOVO DISCO, ETERNO NAVEGAR
ETERNO PORQUE TARDOU OITO ANOS EN GRAVAR
PARA BEN E PARA MAL
COÑEZOLLES MOS BASTANTE
ANDEINO DE ADIANTE PARA ATRÀS,
DE ATRÁS PARA ADIANTE
DAQUELA CANDO OS DE MOS VIAXABAN
NOS AUTOBUSES DE CONSTANTE

A GASTRONOMIA XUNTA ÓS POLÍTICOS
COUSA QUE NON FAN AS INAUGURACIÓNS
HOXE AQUÍ COMEN, BEBEN E FALAN
NON COMO NA ESTREA DO PAZO DE MOS

“PORQUE SE VEN TOURIÑO EU NON LLE DOU A MAN”
-DIXO NIDIA CON ADEMÁN
“AI SI -DIXO ESCUDERO-  POIS CANDO VEÑA LOUZÁN
NON LLE IMOS DAR NIN UN CACHO DE PAN”

 

PERO O CODILLO É DIFERENTE,
PORQUE O CODILLO É UN REFERENTE
COMEO A ESCUDERO, COMEO O OJEA E COMEO A NIDIA
TODOS CO PRATO CHEO, PAPAN NEL CON AMOR
E SE HAI DEDICACIÓN EXCLUSIVA, SABE MOITO MELLOR
EU VEÑO CONTENTO A ESTA FESTA DO CODILLO
DISFRUTO CADA ANACO DE CARNE
E CADA OSO QUE RILLO
HAI QUE COMER, BEBER E DISFRUTAR CON OPTIMISMO
E ESCOITAR ESAS CONVERSAS QUE FALAN DE TRANSFUGUISMO

ESTA NON É A FESTA DA ORELLA, NIN A DA CACHUCHA
HOXE NON É A PREHISTORIA NIN IMOS Ó PENEDO DA PUCHA
HOXE O REI É O CODILLO,
O QUE PON Á XENTE CONTENTA
MENTRES METEN UNHA BOA ENCHENTA
DIN QUE A GALIÑA DE MOS, NON O É DE MOS
DIN QUE O CODILLO VEN DE ALEMAÑA
E QUE CARALLO IMPORTARÁ TANTA PATRAÑA
O CASO É QUE HAXA FARTURA E METERLLE O CORPO CAÑA
DE TRABAZOS ÓS CABALEIROS
DE SANTA MARTA A ROZOI
VINDE TODOS  PREPARADOS
HAI QUE ACABAR CO PORCO E VACIAR OS BOCOIS

CODILLO POR UN TUBO E VIÑO DA NOVA COLLEITA
PARA AS XENTES DA ESQUERDA E DA DEREITA
COMEDE, BEBEDE, ESQUECEDE O COLESTEROL
QUE MAÑÁN NO MEIXOEIRO DAN DE BALDE SINTRÓN

 

VIVA A TERRA DAS AUTOVÍAS
A TERRA ONDE NACEU XANADÚ
A TERRA DOS FURANCHOS, A TERRA DAS RONDALLAS
A TERRA MIÑA, A TERRA VOSA, A TERRA NOSA
A TERRA DA FESTA DA ROSA
VIVA O VIÑO NOVO E VIVA O PAN DE MILLO
VIVA MOS, VIVA O CODILLO

Advertisements

1 Response to “”


  1. 1 Speaking in silver 29 Outubro 2008 ás 10:42

    Este Pato é un “crack”.
    Sí señor, un señor pregoeiro.
    Felicidades Alfonso


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: