O PsdeG-PSOE do Porriño elixe nova executiva

“Un equipo renovado, cheo de ilusión e composto por xente que sente as cores”, así presentou Iván Vaqueiro, novo secretario xeral do PSOE do Porriño a nova executiva local, logo de que fose ratificada pola asemblea dos socialistas do Porriño este domingo.

A candidatura de Vaqueiro foi a única que concorreu á asemblea. Composta por caras xa coñecidas da política local, como o propio Vaqueiro, ou os actuais concelleiros socialistas, a nova executiva incorpora tamén caras novas á vida pública do municipio.

A nova comisión executiva local queda así: Iván Vaqueiro (Sº Xeral), Fernando Rodríguez (Vº Xeral), Jose Carlos Díaz (Sº de Organización), Elena Alonso (Sª de Innovación, Planificación e Emprego), Josefa Sío (Coordinadora de Política Sectorial), Javier Lourido (Sº Política Municipal), Gloria Sío (Sª Relac. Institucionales), Begoña Lorenzo (Sª Políticas de Mocidade), Santiago González (Sº de Política Territorial e Medio Rural), Miguel Táboas (Sº Educación y Cultura), Luis Fernandez (Sº de Coordinación), Ana Belén Vaquero (Sª de Calidade e Mellora Organizativa), Antón Pérez (Sº de Comunicación e Prensa), e Francisco Leboso (Sº XSG)
 
A Asamblea escolleu tamén ó concelleiro Fernando Rodríguez Domínguez como novo delegado no Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE.

Advertisements

1 Response to “O PsdeG-PSOE do Porriño elixe nova executiva”


  1. 1 progresista 29 Outubro 2008 ás 11:16

    Moi ben polo novo equipo. Contáronme que hai xente moi boa que se está a posicionar co PSOE. A ver se podedes darlle un cambio a este pobo porque no Concello non atenden a ninguén e está todo feito un Cristo. Para que te reciban tes que ser ministro ou algo así, senon o Pedrito nin te atende.

    Máis humildade ós do Concello. A ver se facedes unha oposición de verdade porque o que é a dereita, dan noxo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: