Mos celebra o domingo a XI Festa do Codillo

 

 

No Centro de Desenvolvemento Local de Mos tivo lugar a presentación da XI FESTA DO CODILLO, que se celebrará este domingo, 26 de outubro, no recinto cuberto situado na estrada N 550 Porriño-Mos-Redondela, na parroquia de Mos (terreos propiedade do Pazo de Mos). Organiza o Círculo Cultural Deportivo Santa Eulalia e colabora o Concello de Mos. Ao acto asitiron a alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero Lago, o tenente alcalde, Xosé Manuel Martínez Ojea e o presidente do Círculo Cultural Santa Eulalia, Lisardo Conde.

 

 

A degustación comezará ás 11.00 da mañá e a organización da XI FESTA DO CODILLO, unha festa consolidada na comarca, contempla unha previsión de 6.000 asistentes ao evento gastronómico, unha cifra que superaría o número de participantes na anterior edición. As racións venderanse ao precio de 7 euros a unidade, e incluirán pan, viño, cubertos e prato conmemorativo.

 

A alcaldesa de Mos felicitou ao Círculo Cultural Santa Eulalia pola “magnífica organización deste evento”, do que afirmou “é unha garantía de éxito ao contar cun traballo dun equipo como é a xunta directiva do Círculo Cultural”. Mª Jesús Escudero invita a tódolos mosenses, e a persoas doutras localidades,” a que se acheguen a Mos a degustar o Codillo nun día, esperemos, soleado” xa que, segundo a rexedora, trátase dunha festa “única en Galicia pola especial preparación, é un prato cociñado ao forno e acompañado da guarnición correspondente”.

 

Pola súa banda, o tenente alcalde Xosé Manuel Martínez Ojea asegurou que o Concello “vólcase especialmente en dúas festas: a empanada e o codillo” e engadiu que a festa do codillo “é unha festa especial”, refiriéndose q que va a intentar formar parte do Catálogo de Festas Gastronómicas de Galicia, xa que acada este ano a XI edición.  Ademais afirmou que “para Mos é un dos mellores reclamos turísticos para dar a coñecer a nosa localidade”.

 

Programa de actos

 

Domingo, 26

11.00 h            Comezo da degustación do Codillo, amenizada polos:

                        Grupo de Baile “Nosa Terra” de Pereiras.

                        Grupo Folk “ O Son do Castelo”.

Banda de Gaitas “Airiños de Castelo” e “Rancho Folklórico da Casa do Pobo da Vila de Angeja” de Portugal.

12.00 h            Pregón a cargo de Alfonso Pato, xornalista da TVG.

Advertisements

0 Responses to “Mos celebra o domingo a XI Festa do Codillo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: