Vivenda accede as peticións veciñais e garante a seguridade na Veigadaña

:: Retranqueo do talude, campo de futbol, local social e arranxo do vial ::

 A Consellería de Vivenda e Solo vai incrementar a distancia entre o Parque Empresarial Mos I e o vial municipal A Veigadaña-O Castro, o que suporá un retranqueo do actual talude existente no ámbito.

Ademais de incrementar a distancia co parque empresarial, a Consellería urbanizará este vial, pese a ser de titularidade municipal, coa creación dunha pantalla arbórea entre o límite do parque e o vial, e consistirá tamén na construción dunha beirarrúa que agora non existe . A Consellería de Vivenda e Solo aproveitará a urbanización deste vial municipal para mellorar o sistema de saneamento dos núcleos colindantes.

Igualmente, o depatamento da nacionalista Teresa Táboas, tamén subvencionará a creación dun centro social fóra do ámbito do parque destinado ao uso e desfrute dos veciños. A construción deste centro social se plasmará nun convenio de colaboración entre a consellería e o concello, que se asinará antes de que remate o ano. O centro social será financiado maioritariamente pola consellería construído polo Concello e xestionado pola Asociación de Veciños.

O departamento autonómico tamén vai acondicionar o campo de fútbol existente dentro do ámbito do parque empresarial. Ademais, consellería e concello se comprometen a estudar a creación dunha zona verde contigua ao centro social.

A Consellería de Vivenda e Solo reitera que as obras de urbanización do Parque Empresarial de Mos I estanse a desenvolver con todas as garantías de seguridade e cun investimento de 337.000 euros nos traballos de control de calidade e seguimento ambiental.

Advertisements

1 Response to “Vivenda accede as peticións veciñais e garante a seguridade na Veigadaña”


  1. 1 Sabela 2 Novembro 2008 ás 18:48

    É unha mágoa que os veciños estean manipulados polo partido popular. Cómo se entende que non queiran saber nada de todas as compensacións que lle ofrece Vivenda e Solo, se é máis do que reclamaban? A qué agardan? A que algunhas desas compensacións vaian a outra parte do concello tamén afectada polo polígono?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: