O BNG de Mos recalca que está no concello para garantir as demandas veciñais

“O BNG de Mos responde ás demandas veciñais garantindo as obras que se están a levar a cabo na construción do polígono industrial de A Veigadaña”, asegura o voceiro nacionalista X.M. Martínez Ojea, explicando que o delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo recolleu estas demandas, negociadas a través do concello, para trasladalas a Xestur, que acedeu a estas reclamacións. O grupo nacionalista coñece que a paralización das obras non é competencia municipal, e que os prexuizos serán menores canto menos duren ás obras.

O BNG denuncia que o PP sólo busca a confrontación deste barrio co goberno municipal e retrasar a execución das obras, todo isto disfrazado dunha falsa preocupación pola veciñanza. “A mesma actitude adoitaron coas obras de Puxeiros, coas do entorno do Pazo de Mos… O mesmo discurso catastrofista ao que xa nos teñen acostumados”.

“As Consellerías que son responsabilidade do BNG son garantía de diálogo  e de apoio ás necesidades que os veciños reclaman”, asegura Ojea. Así os  veciños de A Veigadaña verán compensado o malestar e prexuizos que lles están causando as obras do polígono. Esta compensación se traducirá nas seguintes obras: un local social, que xa foi conveniado na súa totalidade, e non a prazos como propoñía a deputación; unha zona verde exterior ao polígono para disfrute dos veciños; ampliación da zona verde que bordeará o perímetro do polígono cunha pantalla arbórea para reducir o impacto visual desde as vivendas; recollida de augas pluviais e saneamento de augas fecais no perímetro exterior do polígono; asfaltado dos viais que o rodean.

Estas melloras se lles van a transmitir aos veciños de A Veigadaña, a través da súa asociación, nunha xuntanza que terá lugar mañá, venres, ás 8h da tarde, entre representantes municipais (entre os que estará o tenente de alcalde) e a directiva da asociación.

Advertisements

1 Response to “O BNG de Mos recalca que está no concello para garantir as demandas veciñais”


  1. 1 queroMos 20 Outubro 2008 ás 18:57

    O BNG que non se olvide do campo de futbol das Baloutas, que si se olvida podelle costar moitos votos da xuventude votante de Mos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: