Inauguráronse as novas instalacións da Administración da Tesourería no Porriño

O acto contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do Secretario de Estado de la Seguridad Social, Octavio José Granado; do Subdelegado del Gobierno, Delfín Fernández Álvarez; e do Director Provincial de la Tesorería, Ramón Blanco Vázquez; entre outras autoridades.


O inmoble confórmano tres volumes distintos, e ten unha superficie total construida de 4.492 m2, destinándose ao servizo de oficinas perto de 2.800 m2. O solar onde se ubica foi unha cesión gratuita do Concello do Porriño. A realización da obra, cuxo proxecto é do arquitecto José Manuel Barrio Losada, supuxo unha inversión final de 7.043.855,74 €, correspondendo ás obras de construcción seis millóns de euros, e o restante, a obras complementarias. Entre estas últimas destacan, a incorporación de paneles solares, co conseguinte aforro enerxético e a mellora da calidade medioambiental.

Na actualidade, os servizos que se prestan desde O Porriño serven para cubrir as necesidades en materia de inscrición, filiación e cotización das empresas radicadas nos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, O Porriño, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui.

A máis das melloras evidentes que este novo edificio da Administración da Seguridade Social no Porriño supón en canto á dotación de infraestruturas, compre destacar o traslado da Unidad Racaudatoria Ejecutiva (URE), anteriormente noutras dependencias, ao mesmo inmoble.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, afirmou que “A construcción destas novas instalacións é
un bo exemplo para demostrar que a colaboración intelixente entre as distintas administracións,
repercute positivamente na mellora dos servizos prestados á cidadanía. Desde o Goberno do
BNG no Concello do Porriño traballaremos sempre para que estas colaboracións se produzan”

Advertisements

0 Responses to “Inauguráronse as novas instalacións da Administración da Tesourería no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: