O concello de Mos pedirá a paralización das obras do parque de Veigadaña

 

En vista do malestar dos veciños pola construcción de altos taludes no parque empresarial, e ata determinar se poden ser ou non perigosos para as vivendas, o pleno do concello de Mos acordou cos votos do PP, PSOE e non adscrito, pedir a paralización das obras do polígono empresarial da Veigadaña.

Esta medida aprobouse onte, nun pleno extraordinario convocado polo Partido Popular e ao que acudiron numerosos veciños deste barrio mosense. Ademais solicitarase un informe técnico para determinar que as obras que se están levando a cabo se axustan ao proxecto. Esta era a principal das medidas que propoñía o grupo popular, que, mediante enmenda, foi completada pola petición do non adscrito, Gerardo Alonso, de que as obras foson paralizadas ata que se comprobase que os muros e taludes non supoñen un perigo para os veciños.

Tamén se solicita un certificado por parte de Xestur sobre a seguridade e validez de que a execución dos muros e taludes cumpre coa normativa para manter a construción do polígono, esixindo o retranqueo. e en alturas para diminuír o impacto coas vivendas existentes, en base a normativa municipal de obra maior.
 
O pleno esixe tamén a recollida das augas pluviais e traslado polo exterior, a Construción de cunetas en tódolos viais municipais afectados pola construction, a dotación  dunha protección ou vallado toda a zona perimetral do polígono limítrofe cos viais municipais onde se están a producir derrames de pedras e terras.

Asemade no documento constan algunhas das principais reclamacións dos veciños como contrapartida ás molestias que están a sufrir como un espazo verde para disfrute dos veciños na zona exterior do polígono, así corno acondicionar toda a zona perimetral onde claramente este separado o parque da zona de Veigadaña; a elaboración de convenio por construción dun local para os veciños/as de a Veigadaña e a elaboración de convenio para a posta en marcha don novo campo de fútbol de As Baloutas, segundo proxecto existente.

Ademais piden a resposta inmediata de todos os defectos ocasionados nas vivendas afectadas, que son 41

O BNG foi o único grupo que votou en contra, a pesar de estar de acordo con todas as medidas que se solicitan a Xestur. o único desacordo radica en que o grupo municipal cree que paralizar as obras poderá acarrear máis danos as obras. Neste mesmo senso o PSOE, que aprobou as medidas, apunta que moitas delas estanse xa a tomar.

Advertisements

1 Response to “O concello de Mos pedirá a paralización das obras do parque de Veigadaña”


  1. 1 diogo 17 Outubro 2008 ás 06:06

    Un titular alternativo podia ser por exemplo:
    O Concello de Mos pedirá a paralización do aeroporto de Peinador.
    Postos a pedir imposibles, o aeroporto molesta bastante máis, digo eu.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: