A Asociación Treze Catorce saca 120 quilos de lixo do Caselas

A A.C.D.E. Treze Catorze, en colaboración con ADEGA e o Proxecto Ríos, levou a cabo a pasada fin de semana unha limpeza do río Caselas. A actividade organizouse en dous grupos: un limpou un tramo do río ao seu paso por Picoña, San Xurxo e Santa María (Salceda de Caselas), e o outro limpou ao seu paso por Cabreira (Salvaterra de Miño).

A xornada de limpeza contou cunha alta participación de case vinte voluntarios que destacaron a cantidade de lixo atopado, dende un colector ata cazolas, neumáticos, sillas, plásticos, sacos, roupa,  etc.

O resultado foi satisfactorio pois a cantidade total de lixo recollido superaba os 120 kilos. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende esta Asociación queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábles cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.

 

Advertisements

0 Responses to “A Asociación Treze Catorce saca 120 quilos de lixo do Caselas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: