Continúa en Salceda o programa ‘Preescolar na casa’

O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da súa Concellaría de Benestar Social que dirixe Mónica Vizcaya, vai poñer en marcha por segundo ano consecutivo o programa “Preescolar na casa”. O ano pasado foron 16 as familias que se apuntaron a este servizo, con un balance máis que satisfactorio. As reunións celebraranse no Centro de Servizos Sociais da Devesa os luns a partir das 16:30 cunha periodicidade quincenal, debendo os interesados anotarse nos servizos sociais do Concello de Salceda a partir do 1 de outubro. A primeira reunión será o 6 de outubro.

Preescolar na Casa é un programa educativo que naceu en Galicia no ano 1977 para contribuír á formación de nais e pais que teñen nenos e nenas entre 0 e 3 anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria.
Preescolar na Casa é un programa de formación de nais e pais que se organiza, preferentemente no medio rural e outros medios desfavorecidos, que intenta apoiar e dar seguridade ás familias na educación e crianza dos seus fillos, nos primeiros anos de vida.

O servizo Preescolar na Casa ofrece ás familias a posibilidade de reunirse periodicamente con outras familias con nenos de 0 a 3 anos e un orientador do programa para dialogar, reflexionar e analizar a vida cotiá e a súa influencia na educación dos nenos, coa finalidade de ganar seguridade na súa actuación educadora, así como a posibilidade de descubrir, aproveitar e valorar os recursos existentes no contorno como elementos educativos.

Mónica Vizcaya, Concelleira de Benestar Social, sinalou que “o que se pretende é ofrecer unha axuda para que os pais e as nais sexan capaces de comprender mellor ós seus fillos e fillas e responder axeitadamente ás súas necesidades e posibilidades”.

 

 

Advertisements

0 Responses to “Continúa en Salceda o programa ‘Preescolar na casa’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: