A concellería de Vías e Obras de Mos solicita unha rotonda na EP 2601 (Puxeiros-Mos)

O Concello de Mos , desde o departamento de Vías e Obras,  adscrito á Tenencia de Alcaldía do BNG, acaba de solicitar a Deputación de Pontevedra, a realización dunha rotonda na estrada provincial EP2601 , que une  Puxeiros coa parroquia de Mos .

Tras visitar a zona o concelleiro Xose Carlos Cabaleiro e o  tenente de alcalde ,compróbase o que é de todos coñecido, a peligrosidade do cruce que está no alto do Barreiro , onde hai tres interseccións nun cambio de rasante. O alto tráfico que presenta esta estrada , fai necesaria unha actuación urxente por parte do organismo provincial; as queixas dos veciños polos accidentes que de xeito cotiá acontecen nese cruce, nos leva a tomar a decisión de tomar cartas no asunto , e instar á Deputación a realización desta obra.

Non queremos perder a oportunidade de lembrarlle a obriga de de manter limpa esta estrada , todos os que teñen que circular por ela , poden ver o estado no que se atopa : a inexistente limpeza da maleza, sinalización tapada por árbores , etc… Dende este concello seguiremos traballando para que o estado deste vial sexa o adecuado ; denunciando as veces que sexan necesarias , o estado de abandono desta e outras estradas de competencia provincial

Advertisements

2 Responses to “A concellería de Vías e Obras de Mos solicita unha rotonda na EP 2601 (Puxeiros-Mos)”


  1. 1 diogo 6 Outubro 2008 ás 09:52

    Magoa que a deputación non teña cartos para isto e si para convidar a Gerardo ao que faga falta.
    Por certo peneiros como foi a baixada de carrilanas de Mos? A ver se poñedes acá unhas fotos que eu non puiden ir.

  2. 2 Guillermo 21 Outubro 2008 ás 17:45

    As carrilanas,estupendamente. Deixo aquí un vídeo para que vexades como foi a cousa:


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: