Esta fin de semana: callos no Porriño

A XV edición da Festa dos Callos porriñesa celebrarase o vindeiro domingo día 5 de outubro na Praza de San Sebastián. A pregoeira será a cantante Uxía Senlle A Festa dos Callos está organizada polo Concello do Porriño en colaboración coa empresa Frigolouro. Nesta edición serviranse 15.000 racións de callosO acto de presentación da Festa dos Callos contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés, do Concelleiro de Festexos do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez, da Concelleira de Cultura do Concello de Salceda de Caselas, Teresa Pérez; do Conselleiro Delegado de Frigolouro, Javier Briones; e do cociñeiro de Frigolouro, Alejandro Alonso A Festa dos Callos porá o feche gastronómico ás Festas do Cristo 2008. Desde as 11:00 horas da mañá serviranse racións de callos nunha cazola de barro, con taza de viño e pan elaborado polos panadeiros do Porriño, todo por un prezo de 6 euros. O prezo da ración de callos, sen incluir pan, cazola e taza de viño, será de 4 euros. As racións para levar para casa serviranse desde as 9:00 horas da mañá.

O pregón, a cargo de Uxía Senlle, será a partir das 12:30 horas. A Festa estará amenizada por Xigantes e Cabezudos (Troula Animación), e pola Charanga Vaite Xa.

Ao longo do domingo día 5, e co gallo da celebración da Festa dos Callos como feche das Festas do Cristo 2008, celebraranse distintas actividades: A partires das 10:30, na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, celebrarase a Festa da Bicicleta; pola tarde, de 18:00 a 21:00 horas, haberá animación de rúa; ás 21:30 horas, na Praza Central, actuación da Orquestra Abanico; e ás 22:30 horas, na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, concerto da Banda de Música Municipal da Estrada.

Xa na noite do sábado día 4, a partires das 23:30 da noite, haberá degustación de callos gratuita para maiores e nenos. A degustación infantil é unha iniciativa xa celebrada o ano pasado, para fomentar o consumo deste típico prato da nosa grastronomía entre os máis novos e novas. Cada neno ou nena será agasallado cunha camisola conmemorativa.

O Alcalde, Raúl Francés, agradeceu a presenza da Concelleira de Cultura do Concello de Salceda de Caselas, concello que ven de celebrar recentemente a súa festa adicada aos callos.

Tamén agradeceu ao Conselleiro Delegado de Frigolouro a colaboración desta empresa, unha das máis importantes do municipio.

Raúl Francés quixo facer balanzo das Festas do Cristo 2008. “Pendentes dos últimos actos e da celebración da Festa dos Callos, podemos afirmar que as Festas do Cristo 2008 foron un éxito tanto pola participación da xente como pola calidade dos artistas e actividades programadas”, afirmou Francés.

O Concelleiro de Festexos, Marcos Rodríguez, destacou que se agarda que un ano máis siga medrando o número de persoas que se achegan ao Porriño a degustar os callos no primeiro domingo de outubro.

Advertisements

0 Responses to “Esta fin de semana: callos no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: