Caixanova e a Fundación Pazo de Mos presentan a Milladoiro en concerto

:: A actuación, que será gratuíta, terá lugar nas instalacións da fundación, no Predio da Pesqueira, o sábado 4 de outubro ás 22.00 horas ::

Caixanova, en colaboración coa Fundación Pazo de Mos, organizou un concerto do grupo Milladoiro que terá lugar o próximo sábado 4 de outubro, ás 22.00 horas, na Fundación Pazo de Mos, Predio da Pesqueira. A entrada á actuación será totalmente gratuíta, ata completar o aforamento.

A agrupación musical Milladoiro é, sen dúbida, un dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo. Ademais de participar na fusión do folclore galego con outras músicas, preocúpase por investigar sobre as novas formas artísticas do momento, polo que foi premiada en distintas ocasións. Entre estes galardóns podemos destacar algúns como o Premio “Pedra de Ouro” recibido no 1984; o Goya pola BSO do filme “A metade do ceo”, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón, no 1986; o TP de Ouro nos anos 1989 e 1990, así como o Premio Castelao no 2004.

Na actualidade, o grupo está traballando na súa última gravación, que leva por nome “A Quinta dás Bágoas”, nela cóntase por un lado a relación amorosa entre dona Inés de Castro e o infante don Pedro e por outro, a relación entre Galicia e Portugal. Así mesmo, Milladoiro terminou recentemente a composición e a gravación da banda sonora da película “As Galas do Defunto”, dirixida por José Luís García Sánchez, quen realiza o guión en colaboración con Rafael Azcona, baseándose na obra homónima do escritor galego don Ramón María del Valle Inclán.

Milladoiro nace na década dos setenta da unión da formación tradicional nada en Catoira, Faíscas do Xiabre, formada por Xosé V. Ferrreirós, Nando Casal e Ramón García Rei, cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní, este último abandona a formación no 2000 para seguir o seu camiño por solitario, polo que é substituído por Manu Conde (guitarra) e Roi Casal (harpa celta).

A entrada a este concerto é gratuíta.

Advertisements

0 Responses to “Caixanova e a Fundación Pazo de Mos presentan a Milladoiro en concerto”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: